Anuncio da finalización do rexistro de usuario único

This page is a translated version of the page Single User Login finalisation announcement and the translation is 100% complete.
Para ler as últimas noticias sobre o progreso disto, consulte mw:SUL finalisation.

O equipo de desenvolvemento da Fundación Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios (como as notificacións a través dos wikis). A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Unha das condicións para isto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia.

Por desgraza, actualmente algunhas contas non son únicas en todos os wikis, senón que hai outra persoa co mesmo nome noutro proxecto. Para asegurarnos de que todos estes usuarios poidan seguir usando os wikis da Wikimedia no futuro, imos cambiar o nome dalgunhas contas, engadindo ao nome un "~" seguido do nome do wiki. A data para realizar estes cambios aínda non está decidida. Por exemplo, un usuario chamado "Exemplo" no Wiktionary en sueco que vaia ser renomeado pasará a ser "Exemplo~svwiktionary".

Todas as contas seguirán funcionando como antes, e terán recoñecidas as edicións feitas ata o de agora. Non obstante, os usuarios con contas renomeadas (cos que falaremos individualmente) terán que usar o novo nome para acceder ao sistema.

A ferramenta de cambio de nomes a nivel local foi eliminada para evitar que as contas globais se desunifiquen debido a un cambio de nome local. Os usuarios poden solicitar o cambio de nome usando Special:GlobalRenameRequest no seu wiki local ou pedir un cambio de nome aquí en Meta, se a alguén non lle gusta o seu novo nome de usuario.

Véxase tamén