Anuncio da finalización do rexistro de usuario único/Aviso persoal

This page is a translated version of the page Single User Login finalisation announcement/Personal announcement and the translation is 100% complete.

Vai cambiar o seu nome de usuario

Boas!

O equipo de desenvolvemento da Wikimedia está facendo algúns cambios en relación ao funcionamento das contas, como parte dos nosos continuos esforzos por proporcionar novas e mellores ferramentas aos nosos usuarios, como as notificacións a través dos wikis. A adopción destes cambios implica que cada persoa debe ter a mesma conta en todos os wikis. Isto ha permitir que poidamos ofrecer novas características que axudarán a editar e conversar mellor, e ha permitir unha maior flexibilidade nos permisos de usuario para usar as ferramentas. Un dos efectos secundarios disto é que as contas de usuario deberán ser agora únicas nos 900 wikis da Wikimedia. Consulte o anuncio para obter máis información.

Por desgraza, outra persoa utiliza noutro proxecto o seu mesmo nome de usuario, "{{subst:PAGENAME}}". Para asegurarnos de que ambos poidades seguir usando todos os proxectos da Wikimedia no futuro, reservamos para vostede o nome global único {{subst:PAGENAME}}~{{WIKI}}, que unicamente lle pertencerá a vostede. Se lle gusta o nome, non ten que facer nada. Se non lle gusta o nome, pode elixir un nome diferente.

A súa conta seguirá funcionando como antes, e terá recoñecidas as edicións feitas ata o de agora, pero terá que usar o novo nome para acceder ao sistema.

Lamentamos os inconvenientes.

Atentamente,
Keegan Peterzell
Enlace Comunitario, Fundación Wikimedia