Desactivación das aparencias obsoletas
Co obxectivo de utilizar mellor os nosos recursos limitados, o 24 de abril de 2013 as aparencias que non eran a Vector legacy (2010), MonoBook, Modern e Cologne Blue foron eliminadas permanentemente de MediaWiki e, polo tanto, dos wikis da Wikimedia. Se a súa conta está configurada para usar algunha das aparencias obsoletas,[1] esta cambiará automaticamente á predeterminada do seu wiki: a aparencia Vector.
Cantas persoas se verán afectadas?
Preto do 0,53% dos usuarios activos da Wikimedia e ao redor do 0,39% dos usuarios activos con máis de 1.000 edicións. Tamén afecta ao 0,31% dos usuarios da Wikimedia que non están activos (sen edicións ou accesos nos últimos seis meses). Hai dispoñible un desglose estatístico completo.
Que teño que facer?
Se usaba a aparencia MonoBook, Monerna, Azul colonial ou Vector (por exemplo, se nunca cambiou esta preferencia), isto non lle afecta e non ten que facer nada. Se nestes intres utiliza unha aparencia vella e non lle importa usar a aparencia por defecto de cada wiki (Vector), tampouco ten que facer nada.
En caso contrario, pode ir á ligazón cara a Special:Preferences que hai na parte superior de calquera páxina, premer na segunda lapela ("Aparencia"), seleccionar "Vector", "MonoBook", "Moderna" ou "Azul colonial", e logo premer no botón "Gardar" que hai ao final da páxina. Se non sabe que aparencia utilizar, pode seguir o mesmo consello para descubrilo.
Por que facedes isto?
O motivo principal é que o desenvolvemento das novas características (notificacións entre wikis, mellores xeitos de patrullar as páxinas novas, páxinas de conversa máis doadas de usar e outras cousas) significa que temos que integralas en todas as nosas aparencias. Non podemos substituír un software vello por un software novo que non lle funciona a parte da comunidade: simplemente non é aceptable.
O problema vén de que temos demasiadas aparencias vellas, e o desenvolvemento de soporte para elas é caro en termos de tempo dos desenvolvedores (e tamén en termos de fondos dos doantes). Canto máis tempo teñamos que traballar en facer que algo funcione en nove ou dez aparencias diferentes, menos tempo teremos para desenvolver novas características ou manter o noso software existente. Tamén limita as cousas que podemos construír, dado que algunhas das características potencialmente útiles simplemente non funcionan nas aparencias de 2001 ou 2002. O resultado final é que temos que elixir entre producir un software limitado moi lentamente, estragar o sitio para unha porción da nosa comunidade ou desactivar aparencias; finalmente, nós escollimos a terceira opción.
Por que mantedes esas catro aparencias?
As aparencias que habemos manter dispoñibles (Vector, MonoBook, Moderna e Azul colonial) foron seleccionadas porque actualmente funcionan coas características que proporcionamos e/ou teñen xente activa que as manteñen. A aparencia Vector é a oficial e para a que proporcionamos e mantemos actualizados todos os novos lanzamentos e as correccións de erros. As outras tres (MonoBook, Moderna e Azul colonial) están soportadas principalmente por desenvolvedores voluntarios que empregan o seu tempo en manter estas tres aparencias dispoñibles. Desde a Fundación Wikimedia intentaremos asegurar unha "degradación suave" para estas tres aparencias, de xeito que as novas funcionalidades funcionen correctamente canto sexa posible. Co tempo, porén, se causan problemas, se cadra teremos que desactivalas tamén.
Non son as aparencias vellas mellores para a xente con conexións ou ordenadores lentos?
Non. Noutrora, as aparencias vellas necesitaban menos código de programación e eran mellores para as persoas con conexións ou ordenadores lentos. Non obstante, desde 2011, un cambio técnico fixo que isto xa non fose certo e a diferenza é insignificante (como moito uns poucos kilobytes, ou menos do 5% da carga dunha páxina típica).
Por outra banda, as aparencias Vector e MonoBook utilizan varias imaxes de fondo (ao contrario que, por exemplo, a aparencia Clásica), o que pode incrementar un chisco a carga da CPU. As aparencias Moderna e Azul colonial non teñen este problema.
Os scripts en JavaScript ou CSS, escritos para imitar as aparencias vellas, tamén aumentan o tempo de carga.
Gústanme algunhas cousas dunha das aparencias vellas. Que podo facer?
Todas as aparencias da MediaWiki permiten modificacións coas personalizacións de cada usuario mediante JavaScript e CSS. Pode modificar facilmente unha das aparencias dispoñibles (como a Vector ou a MonoBook) para recrear elementos doutra aparencia (como a Clásica ou a Morriña). Isto permite conservar características que lle gusten particularmente das aparencias que van desaparecer.
Se necesita axuda, deixe unha solicitude clara, factible e pertinente en Tech describindo que característica en particular dunha aparencia vella quere ver nunha das aparencias máis novas. Por exemplo, "Eu usaba a aparencia Clásica e quero usar agora a MonoBook. Como podo axustar a fonte de letra para que sexa serif no canto de sans-serif?"
Notas
- ↑ Parrulo, Estándar, A miña aparencia, Nostalgia e Sinxela.