Recadación de fondos 2012/Tradución/Vídeo sobre o impacto da Wikipedia (subtítulos)

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Impact Of Wikipedia Video (subtitles) and the translation is 100% complete.

00:00:00.000,00:00:05.000 A Wikipedia é unha organización sen fins lucrativos, pero é a quinta páxina web máis visitada do mundo. Todos os artigos da Wikipedia están escritos por voluntarios.

00:00:06.000,00:00:11.500 Queremos presentarche algunhas desas persoas...

00:00:12.000,00:00:13.000 Son do Nepal.

00:00:13.100,00:00:14.000 Son de Iraq.

00:00:14.100,00:00:16.000 Eu veño da India.

00:00:16.001,00:00:17.000 Son de Byram, Nova Jersey.

00:00:17.100,00:00:18.000 Vivo en Birmingham, Inglaterra.

00:00:18.100,00:00:22.050 Chicago, Illinois. La Paz, Bolivia. Nairobi, Quenia.

00:00:22.051,00:00:24.000 Kuala Lumpur, Malaisia. Milán en Italia. Sudáfrica.

00:00:24.100,00:00:26.100 Polonia. Xapón. Armenia.

00:00:26.200,00:00:28.000 Brasil. Rusia. Botsuana.

00:00:28.001,00:00:30.500 Israel. Usbequistán. Hong Kong.

00:00:30.501,00:00:31.000 Istambul. México.

00:00:31.001,00:00:32.000 Chattanooga, Tennessee.

00:00:33.000,00:00:38.000 Ao primeiro, cando comecei na Wikipedia en 2008, creei moitos artigos.

00:00:38.100,00:00:44.000 Coido que un deles era sobre unha muller chamada Mariam Nour.

00:00:44.100,00:00:48.000 Non había ningún artigo sobre ela, así que... ese foi o meu primeiro artigo.

00:00:48.100,00:00:52.500 Logo esquecín o artigo! E dous ou tres anos despois

00:00:52.600,00:00:57.000 atopei o artigo. Quedei pampa.

00:00:57.100,00:01:02.000 Máis de 100.000 persoas leran o artigo.

00:01:02.100,00:01:08.000 Utilizárono para obter información del. Dalgún xeito chegaron ao artigo

00:01:08.100,00:01:15.000 e ti sentes que influíches en máis de 100.000 persoas.

00:01:15.500,00:01:19.000 Estaba atemorizada a primeira vez que premín no botón "Editar".

00:01:19.100,00:01:24.000 Pensei: "Meu Deus, vouno estragar todo! Non pode funcionar! Non o podo facer!"

00:01:24.100,00:01:29.000 A Wikipedia é un proxecto de código aberto no que cadaquén pode achegar a súa idea

00:01:29.100,00:01:34.000 para que logo outra persoa veña e perfeccione esa idea para facela extraordinaria.

00:01:34.100,00:01:40.500 Hai milleiros de persoas traballando cada día, cada hora, cada minuto na Wikipedia para mellorala.

00:01:40.501,00:01:44.000 Un factor moi importante é o voluntariado. Esta é unha forma única de ser voluntario.

00:01:44.100,00:01:49.000 Consegue reunir tanto a profesionais coma a afeccionados que comparten unha paixón por un tema en particular.

00:01:49.100,00:01:54.000 Xente que tiña opinións diferentes ao principio comeza a colaborar.

00:01:54.001,00:01:58.500 Moito do que poderías supor que unha enorme corporación da internet é capaz de facer

00:01:58.501,00:02:01.000 está xestionado por voluntarios coma min.

00:02:01.100,00:02:05.000 Non podes dicir: "De acordo, eu teño razón, ti estás equivocado, esta é a miña versión do artigo!"

00:02:05.100,00:02:07.000 Se hai algún problema de subxectividade,

00:02:07.100,00:02:11.000 entón posiblemente alguén xa marcou o artigo; se non é así, eu podo sinalar o problema.

00:02:11.000,00:02:13.000 Tes centos e milleiros de persoas vendo

00:02:13.001,00:02:15.000 e corrixindo todo.

00:02:15.001,00:02:16.400 Entón premín no botón e...

00:02:16.401,00:02:19.600 Bum! A viaxe comezou e foi fantástica.

00:02:19.601,00:02:21.000 Primeiro empecei con "Probabilidade".

00:02:21.001,00:02:24.000 O primeiro artigo que comecei foi "Probabilidade".

00:02:24.001,00:02:26.000 Un dos artigos máis importantes que escribín na Wikipedia foi

00:02:26.001,00:02:27.400 o artigo sobre as feridas por arma branca.

00:02:27.401,00:02:29.000 Escribo sobre a pesca con mosca,

00:02:29.001,00:02:32.000 a historia de Montana, a historia dos parques nacionais, Yellowstone.

00:02:32.001,00:02:36.100 Colleitas infrautilizadas. Xogadores de xadrez. Biodiversidade.

00:02:36.101,00:02:39.100 Historia militar. Historia de Armenia. Historia de Roma.

00:02:39.101,00:02:42.100 Xuíces. Comunicación. Biografías. Fútbol.

00:02:42.101,00:02:45.901 Irlanda. Pensilvania. Fotografía, principalmente.

00:02:45.901,00:02:47.600 Pink Floyd. Repostaría, porque me gusta enfornar.

00:02:47.601,00:02:50.200 Armas nucleares e radioactividade

00:02:50.201,00:02:52.000 e kaiak en augas bravas.

00:02:52,201,00:02:56.000 Existe unha enorme cantidade de información espallada por aí

00:02:56.001,00:02:59.000 e nós estamos reuníndoa toda nun único lugar.

00:02:59.100,00:03:03.000 Estamos ofrecendo coñecemento libre a todas as persoas

00:03:03.101,00:03:07.000 na súa lingua, para que poidan utilizalo.

00:03:07.501,00:03:11.000 Toda a xente sae beneficiada con isto, sexa rica ou pobre.

00:03:11.001,00:03:16.000 As compañías comerciais teñen motivacións e necesidades diferentes.

00:03:16.500,00:03:22.000 Non recibo ningún salario da Fundación Wikimedia. Tampouco pagan os meus gastos.

00:03:22.001,00:03:25.500 Coido que é moi importante poder dicir claramente:

00:03:25.501,00:03:30.500 "Oe, cando pido os teus cartos, non pido o diñeiro para min...,

00:03:30.501,00:03:36.000 ...senón que pido os cartos para a Fundación, que é o equipo que apoia esta incrible comunidade da que formo parte".

00:03:36.501,00:03:41.400 Creo que a Wikipedia me deu esta oportunidade para marcar a diferenza no mundo.

00:03:41.401,00:03:48.000 É coma un investimento para o teu futuro, para o futuro dos teus fillos.

00:03:53.401,00:03:57.000 Grazas

00:04:00.000,00:04:03.000 O contido deste vídeo está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual v3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl), a menos que se indique o contrario. Esta obra pode atribuírse a: Victor Grigas, Fundación Wikimedia. Os puntos de vista e as opinións expresadas no vídeo pertencen unicamente ás persoas que aparecen nel e non reflicten necesariamente as políticas ou posicións de ningunha compañía, organización ou institución da que a persoa poida ser membro. As marcas comerciais e os logotipos da Fundación Wikimedia e calquera outra organización non están incluídos baixo os termos desta licenza Creative Commons. As marcas e logotipos da Wikimedia, incluíndo "Wikipedia" e o logotipo do quebracabezas en forma de globo son marcas rexistradas da Fundación Wikimedia. Para obter máis información, consulta a nosa política de marcas ou ponte en contacto con nós no enderezo trademarks@wikimedia.org.

00:04:03.000,00:04:05.000 Este vídeo está publicado baixo unha licenza Creative Commons.

00:04:05.001,00:04:09.000 Como a Wikipedia, pode copialo, modificalo e compartilo libremente.