Fundraising 2010/Lilaroja Appeal/gl


Lilaroja

edit
  • Se queres podes ler:
  • un chamamento persoal
  • de Lilaroja, unha usuaria da Wikipedia
  • Unha mensaxe de Lilaroja, unha usuaria da Wikipedia

Un dólar, unha nota de amor e un corazón roto.

Como voluntaria na Fundación Wikimedia en San Francisco, leo gran cantidade de cartas e correos electrónicos que a xente envía cando lanzamos a nosa campaña anual de recadación de fondos.

Inmediatamente decátaste de que a xente non está dando só os seus cartos, senón tamén o seu cariño. Un neno doando contento un dólar da súa pequena paga semanal. Outro cheque chega cun sinxelo post-it dicindo: "AMO A WIKIPEDIAAAAAA!!". Ás veces as mensaxes son duras de ler.

Nunca esquecerei o día no que escoitei un pai e unha nai cuxo fillo morrera dunha rara enfermidade. Fixeron unha doazón como mostra do seu agradecemento porque Wikipedia tiña un artigo que informaba a outros acerca da existencia da enfermidade que lles levou o fillo.

A Wikipedia significa moitas cousas diferentes para os que a usamos. Calquera que sexa a túa conexión persoal, es parte desta comunidade máxica. Máis de 400 millóns de persoas usan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns cada mes; isto é case un terzo das persoas con conexión á internet.

Esta é a época do año na que a xente de toda a comunidade da Wikipedia se une para axudar a manter a nosa empresa conxunta cunha doazón de 20 dólares, 30 euros, 4.000 iens ou aquela cantidade que poidan para manter a Wikipedia libre.

Así como todos construímos a Wikipedia palabra a palabra, podemos mantela saudable e próspera doazón a doazón.

Espero que escollas este como o momento axeitado para enviarlle un pouco de amor á Wikipedia.

Grazas,

Lilaroja Oliva, España