Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de MikeC

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/MikeC Appeal and the translation is 100% complete.

1

Cando era neno, comecei a mercar libros sobre a pesca con mosca. Ata o momento, teño máis de 600 libros sobre o tema. Practiquei a pesca con mosca en moitos lugares ó redor do mundo. Algunhas persoas pensan que é algún tipo de deporte esotérico, pero a min encántame.

Despois de servir nas Forzas Aéreas dos EUA durante 28 anos (e viaxar por todo o mundo), retireime e mudeime para Montana, onde podo gozar da pesca con mosca e do sendeirismo todo o que quero. E cando non estou admirando estas marabillosas paisaxes, escribo sobre elas na Wikipedia.

Ninguén me paga por facer este traballo. Fágoo porque creo na misión da Wikipedia: levar a suma de todo o coñecemento humano a todas as persoas do planeta. Gratis.

A Wikipedia non ten fins lucrativos e penso que é a única maneira de facelo. Non hai accionistas ós que impresionar, non hai contas bancarias que encher. Así, a Wikipedia pode seguir coa súa misión e os seus principios. Por este motivo achego a miña pequena doazón tódolos anos.

Este ano, espero que te unas a min para doar.

Bio

Mike Cline medrou no sur de California, antes de entrar nas Forzas Aéreas dos EUA durante o auxe da Guerra do Vietnam. Serviu durante 28 anos e retirouse como Tenente Coronel en 1996. Agora vive en Montana, onde traballa como consultor en estratexia. Na Wikipedia, escribe sobre a xeografía de Montana, a historia natural e os parques nacionais. E, por suposto, sobre a pesca con mosca, baseándose na súa biblioteca de máis de 600 libros.