Fundraising 2010/Kartika Appeal/gl


Kartika

edit
  • Se queres podes ler:
  • un chamamento persoal
  • de Kartika, unha usuaria da Wikipedia
  • Unha mensaxe de Kartika, unha usuaria da Wikipedia

13,3 millóns.

Cantas persoas acoden á Wikipedia todos os días para acceder ao coñecemento? Máis de 13 millóns. E canto pagan por acceder á quinta páxina web máis visitada do mundo? Absolutamente nada.

Esta é a base da Wikipedia.

Nunca houbo un xeito máis poderoso de compartir de balde co resto do mundo. Non só para transmitir feitos e datos, senón para colaborar en artigos e facelos todo o claros e precisos que se poida.

Pero o máis salientable sobre a Wikipedia é que todo este coñecemento foi achegado e editado por voluntarios, entrada a entrada. E, dado que a Wikipedia está libre de publicidade, aqueles que creamos e empregamos a Wikipedia temos a obriga de protexela e apoiala doazón a doazón.

Este é o obxectivo da campaña de recadación anual da Wikipedia. É a oportunidade de devolver a confianza depositada na Wikipedia; todos xuntos podemos axudar a manter o que antes axudamos a crear.

Eu xa fixen a miña doazón persoal na campaña deste ano e espero que agora mesmo ti decidas facer a túa. Agasalla con 20 dólares, 30 euros, 4.000 iens ou aquela cantidade que ti poidas para manter a Wikipedia libre.

Comecei a escribir artigos na Wikipedia porque me decatei de que podía haber moitas persoas na procura de coñecemento inexistente na miña lingua. Non o fixen para chamar a atención ou levar gabanzas. Fíxeno porque me preocupo pola miña cultura e quero compartir estes coñecementos co maior número de persoas.

Xente de todo o mundo fai o mesmo todos os días; isto é o que converte a Wikipedia nun ben tan valioso.

Fai unha doazón hoxe para manter a Wikipedia.

Grazas,

Kartika, Iacarta, Indonesia