Eleccións da Fundación Wikimedia de 2013

This page is a translated version of the page Wikimedia Foundation elections 2013 and the translation is 95% complete.
Info The election ended 22 June 2013. No more votes will be accepted.

The results were announced on 24 June 2013.

Axuda a traducir as páxinas das eleccións.

Proceso

As eleccións da Fundación Wikimedia de 2013 celebraranse entre o 8 e o 22 de xuño de 2013. Os membros da comunidade da Wikimedia teñen a oportunidade de elixir candidatos para tres cargos:

  • Tres candidatos para o Consello de administración co obxectivo de servir durante un período de dous anos, que rematará en 2015. O Consello de administración é a autoridade última da Fundación Wikimedia, unha organización sen fins de lucro de tipo 501(c)(3) rexistrada nos Estados Unidos de América. A Fundación Wikimedia xestiona diversos proxectos, tales como a Wikipedia e Commons.
  • Dous candidatos para o Comité de difusión de fondos do Consello co obxectivo de servir durante un período de dous anos.
  • Un candidato como o supervisor do Comité de difusión de fondos co obxectivo de servir durante un período de dous anos.

The elections are held securely using SecurePoll software. Votes are secret, and no one from the Election Committee, the Board, or anyone on the Wikimedia Foundation staff has access to them. The encryption key for the election is held by an independent third party; once activated, the election is halted. Some personally identifiable data on voters (for instance, IP address, user agent, and other data that is substantially similar to that obtained by the Checkuser tool) is viewable by a select few persons who audit and tally the election (the election committee). Voters submit votes using a Support/Neutral/Oppose system. The votes will be tallied and the candidates will be ranked by percentage of support, defined as the number of votes cast in support of the candidate divided by the total number of votes cast for the candidate ("neutral" preferences are not counted, so this is the sum of support and oppose votes). The candidates with the highest percentage of support will be recommended to the Board of Trustees for appointment.

O comité electoral dará a coñecer os resultados, como moi tarde, o 28 de xuño de 2013. Haberá dispoñibles resultados detallados.

Información para os votantes

Requisitos

Editores

Poden votar desde calquera das contas rexistradas nun wiki da Wikimedia. Só poden votar unha vez, independentemente de cantas contas teñan. Para poder participar na votación, a conta ten que:

  • non estar bloqueada en máis dun proxecto;
  • non estar bloqueada no proxecto desde o que se vota;
  • non ser un bot;
  • ter realizado un mínimo de 300 contribucións antes do 15 de abril de 2013 nos wikis da Wikimedia (as edicións en varios wikis pódense combinar se as contas están unificadas nunha conta global);
  • ter realizado un mínimo de 20 contribucións entre o 15 de decembro de 2012 e o 30 de abril de 2013.
Desenvolvedores

Os desenvolvedores poden votar se:

  • son administradores dos servidores da Wikimedia con acceso shell;
  • ou teñen acceso commit e fixeron polo menos un merged commit no git entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013.
Membros e empregados

O actual persoal da Fundación Wikimedia pode votar se foron empregados da Fundación antes do 30 de abril de 2013.

Membros do Consello e membros do Consello asesor

Os membros actuais e antigos do Consello de administración e o Consello asesor poden votar.

Información para os candidatos

Todos os candidatos deben cumprir os requisitos para ser votantes, así como algúns requisitos adicionais en función do cargo. Non están permitidas as candidaturas múltiples.

Organización

Prazos

  • 24 de abril a 17 de maio de 2013: presentación de candidaturas
  • 17 de maio de 2013: data límite para enviar a validación de identidade (quen non envíe esta comprobación ou o faga tarde quedará descartado como candidato)
  • 8 a 22 de xuño de 2013: votacións
  • 23 a 25 de xuño de 2013: verificación dos votos
  • 25 a 28 de xuño de 2013: publicación dos resultados

Se podes participar na votación:

  1. Le as presentacións dos candidatos (ligadas desde o lado dereito da páxina) e decide a quen vas apoiar.
  2. Vai á páxina wiki "Special:SecurePoll" naquel wiki no que cumpras os requisitos para votar. Por exemplo, se es máis activo en gl.wikipedia, vai a wikipedia:gl:Special:SecurePoll/vote/330. (Se tes activado o rexistro unificado, podes identificar a túa conta principal en Special:CentralAuth.)
  3. Sigue as instrucións.

Tes problemas coa votación? Preme aquí.