Fundraising 2010/Joan Gomà/gl


Joan Gomà

edit
  • Se queres podes ler:
  • un chamamento persoal
  • de Joan Gomà, un usuario da Wikipedia
  • Unha mensaxe de Joan Gomà, un usuario da Wikipedia

Non me equivocara, pero tampouco estaba certo de todo. Atopei un artigo da Wikipedia sobre un tema que estudaba en matemáticas. Decateime de que o artigo carecía dalgúns puntos importantes. Deille ao botón "editar", fixen algúns cambios e non deixei de escribir e modificar desde aquela.

A Wikipedia é a suma de todos eses momentos de descubrimento de millóns de editores coma min. Xente de todo o mundo emprega o seu tempo e enerxía para facer medrar a enorme cantidade de coñecemento que a Wikipedia recolle.

Máis de 400 millóns de persoas utilizan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns cada mes. De feito, trátase da quinta páxina web máis visitada da internet.

Pero o máis salientable da Wikipedia é que é o produto do traballo de voluntarios, entrada a entrada. E dado que a Wikipedia está libre de publicidade, aqueles que crean e empregan a Wikipedia teñen que protexela e mantela.

Este é o obxectivo da campaña de recadación de fondos anual da Wikipedia. E tamén este é o motivo polo que eu xa fixen a miña doazón persoal.

Espero que te unas a min facendo unha doazón de 20, 35, 50 dólares ou aquela cantidade que ti poidas para manter a Wikipedia libre.

Grazas,

Joan Gomà

Barcelona, Cataluña