Recadación de fondos 2012/Tradución/Enquisa aos doantes

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Donor survey and the translation is 100% complete.


E-mail

Email subject

Enquisa aos doantes da Fundación Wikimedia - Axúdanos cos teus comentarios

Email body

Boas <name>:

Recibiches este correo electrónico porque fixeches unha doazón á Fundación Wikimedia durante a nosa campaña de recadación de fondos anual. O teu apoio é moi valioso, moitas grazas.

Gustaríanos recibir comentarios sobre a túa experiencia doando. A túa opinión é importante para axudarnos a proporcionarche a ti e mais aos doantes do teu país unha mellor experiencia. Agradecemos que uses uns minutos do teu tempo para responder unhas poucas preguntas sobre a nosa campaña de recadación.

Para acceder á enquisa, preme aquí: <survey link>.

Se tes calquera outro comentario ou prefires enviarnos un correo electrónico, síntete libre de transmitir os teus pensamentos ao enderezo donorsurvey@wikimedia.org. Apreciamos o teu apoio!

Grazas, o equipo da recadación de fondos da Wikimedia


Enquisa aos doantes

A Wikipedia necesita os comentarios dos doantes para recoller información específica sobre os diferentes países e os mellores xeitos de crear unha mellor experiencia para os doantes. As túas respostas ás seguintes preguntas hannos axudar a achegar unha mellor experiencia a todos os doantes. Usa uns minutos do teu tempo para botar unha ollada á páxina de doazóns para responder as seguintes preguntas.

1. Cal é o motivo principal para que fixeses a doazón?

  • Apoio o coñecemento libre para todos.
  • O chamamento era sincero e honesto.
  • Utilizo a Wikipedia todo o tempo e quería darlle o meu apoio.
  • Para manter a Wikipedia libre de publicidade.
  • Outro (por favor, especifícao)

2. Cal foi a túa impresión do chamamento persoal do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales?

  • É unha mensaxe efectiva e identifiqueime con ela.
  • Está escrita de xeito claro cunha redacción que entendo.
  • A redacción usada non é clara ou é difícil de entender.
  • Algunhas partes da mensaxe son confusas para min.
  • A maior parte da mensaxe non é clara.
  • É unha mensaxe débil e non me identifiquei con ela.
  • Outra (por favor, especifícaa)

3. En que moeda prefires facer a doazón?

  • Rand surafricano (ZAR)
  • Franco CFA de África Occidental (XOF)
  • Franco CFA de África Central (XAF)
  • Xilin kenyano (KES)
  • Euro (EUR)
  • Dólar estadounidense (USD)
  • Outra (por favor, especifícaa)

4. Considerarías facer a doazón mesmo se a túa moeda non estivese dispoñible?

  • Non, unicamente doaría coa miña moeda.
  • Si, doaría de calquera xeito, mesmo nunha moeda estranxeira.
  • Si, pero unicamente doaría nas seguintes moedas:

(especifica máis dunha moeda, se fose necesario)

5. Que método(s) de pagamento peferirías utilizar?

  • Tarxeta de crédito
  • Tarxeta de débito
  • Transferencia bancaria
  • Tarxeta de prepagamento
  • PayPal
  • Pagar coa factura do teléfono móbil
  • Outro (especifica máis dun, se fose necesario)

6. Considerarías facer a doazón mesmo se o teu método de pagamento preferido (tarxeta de crédito, transferencia bancaria etc.) non estivese dispoñible?

  • Non, unicamente doaría se o meu método de pagamento preferido estivese dispoñible.
  • Si, doaría de calquera xeito.
  • Outro (por favor, especifícao)

7. As cantidades presentes no lado dereito do formulario semellan axeitadas para a moeda dispoñible? [URLGOESHERE Preme aquí] para ver a ligazón.

  • Si, semellan axeitadas
  • Non, as cantidades semellan demasiado altas
  • Non, as cantidades semellan demasiado baixas
  • En caso negativo, que cantidades serían as máis axeitadas?:

8. Preme na ligazón achegada, que leva ata o formulario de enderezos da nosa páxina de doazóns. Coincide coa maneira na que normalmente escribes o teu enderezo? [URLGOESHERE Preme aquí] para ver a ligazón.

  • Si, coincide coa maneira na que escribo o meu enderezo
  • Non, faltaban algúns campos ou había demasiados
  • En caso negativo, fainos saber o que estaba mal ou dános un exemplo do formato correcto para un enderezo do teu país:

9. En xeral, as páxinas, as ligazóns e os campos de información eran fáciles de entender e estaban escritos nunha linguaxe cómoda de utilizar?

  • Si, entendín todo
  • Non, había campos/traducións/opcións pouco claros ou incorrectos
  • En caso negativo, fainos saber como mellorar:

10. Cal foi a túa impresión xeral da páxina de doazóns?

  • Utiliza terminoloxía e opcións locais creadas especificamente para o meu país.
  • Utiliza terminoloxía e opcións locais, pero tiña algúns elementos incorrectos.
  • Utiliza terminoloxía e opcións locais, pero tiña moitos elementos incorrectos.
  • Semella que foi creada para un país diferente.
  • Outra (por favor, especifícaa)

11. Utiliza o espazo que hai a continuación para escribir calquera outro detalle ou comentario que teñas sobre a páxina de doazóns.

Grazas de novo por apoiar a Wikimedia, a organización sen fins lucrativos que mantén a Wikipedia.

A protección dos teus datos é importante para nós. Agás na medida en que o esixa a lei, só compartiremos as túas respostas coa Wikimedia e os seus asociados. Podemos, con todo, facer públicas de xeito anónimo algunhas respostas e estatísticas sobre a enquisa. Nunca publicaremos o teu nome ou enderezo de correo electrónico; porén, podemos usar esa información para poñérmonos en contacto contigo sobre a Wikimedia e as súas actividades. A Wikimedia é unha organización internacional. Ao responderes estas preguntas, dás o teu consentimento para transferir as respostas aos Estados Unidos de América e a outros lugares se fose necesario. Podes atopar máis información na política de protección de datos de Survey Monkey: URLGOESHERE