Fundraising 2010/FAQ/gl
Need help? See the Translation FAQ or Meta:Babylon. All translators should also subscribe to translators-l to be kept up-to-date (and to ask questions). General Fundraising Translation Guidelines: Fundraising 2010/Translation. |
- ca/català (closed)
- da/dansk (closed)
- de/Deutsch (closed)
- en/English (published)
- es/español (closed)
- fr/français (closed)
- it/italiano (published)
- ja/日本語 (closed)
- ko/한국어 (closed)
- nb/norsk bokmål (closed)
- nl/Nederlands (closed)
- sv/svenska (closed)
- ar/العربية (closed)
- bg/български (closed)
- bn/বাংলা (closed)
- cs/čeština (closed)
- el/Ελληνικά (closed)
- fa/فارسی (closed)
- fi/suomi (closed)
- gl/galego (closed)
- he/עברית (closed)
- hr/hrvatski (closed)
- hu/magyar (closed)
- id/Bahasa Indonesia (closed)
- mk/македонски (closed)
- pl/polski (closed)
- pt/português (closed)
- ro/română (closed)
- ru/русский (closed)
- sh/srpskohrvatski / српскохрватски (closed)
- si/සිංහල (closed)
- te/తెలుగు (closed)
- th/ไทย (closed)
- tl/Tagalog (closed)
- tgl/tgl (closed)
- tr/Türkçe (closed)
- uk/українська (closed)
- vi/Tiếng Việt (closed)
- yi/ייִדיש (closed)
- zh-hans/中文(简体) (closed)
- zh-hant/中文(繁體) (closed)
- am/አማርኛ (closed)
- ia/interlingua (closed)
- pam/Kapampangan (closed)
- lb/Lëtzebuergesch (closed)
Preguntas máis frecuentes 2010
Onde van parar os meus cartos?
editVan á xente e á tecnoloxía. Malia que a Wikipedia e mais os seus proxectos irmáns están entre as cinco páxinas web máis visitadas en todo o mundo, tan só temos 302 empregados; véxase a vista xeral do noso persoal. Ao redor da metade traballan en todo o relacionado coa tecnoloxía, un pequeno grupo está en contacto co público e as actividades do voluntariado e os membros restantes traballan na recadación e na administración. Ademais, o teu apoio axuda a pagar as infraestruturas tecnolóxicas (servidores e ancho de banda) que permiten que a Wikipedia siga medrando.
O labor fundamental da Fundación Wikimedia é soster e ampliar a enorme rede de voluntarios que escriben e editan a Wikipedia e os seus proxectos irmáns: máis de 10.000 persoas en todo o mundo.
En resumo, que é a Wikipedia?
editA Wikipedia é a maior e máis popular enciclopedia do mundo. Está en liña, é de balde e non ten publicidade. A Wikipedia conta con máis de 16 millóns de voluntarios, autores dalgún artigo en máis de 298 linguas e recibe as visitas de máis de 430,000,000 millóns de persoas cada mes, converténdoa no quinto sitio máis popular do mundo. Trátase dunha creación colaborativa editada por millóns de persoas nos últimos nove anos: calquera pode modificala en calquera momento. A Wikipedia é a maior colección de coñecemento compartido na historia da humanidade, e as persoas que apoian este proxecto están unidas polo seu amor á aprendizaxe, a súa curiosidade intelectual e o convencemento de que todos xuntos poderemos aprender moito máis.
Onde podo atopar máis información financeira?
editO informe anual da Fundación Wikimedia 2008–2009 cobre o ano fiscal pasado (do 1 de xullo de 2008 ao 30 de xuño de 2009) coa vista posta no vindeiro exercicio. Este é o noso segundo informe anual. O informe anual da Fundación Wikimedia é un resumo da organización das finanzas, o programa de actividades, os fitos e os logros.
Entre o máis destacado atópase:
- O lanzamento da Iniciativa de usabilidade da Wikimedia
- A unión da Wikimedia con Creative Commons
- A conferencia de Wikimanía en Alexandría (Exipto)
- O comezo do proceso aberto de planificación estratéxica da Wikimedia
- A próspera recadación e a expansión das operacións centrais
Descargar o informe anual 2008-2009:
A Fundación Wikimedia é unha organización caritativa?
editSi. A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con oficinas en San Francisco, California, EUA. Podes botarlle unha ollada á nosa carta de exención de impostos e aos nosos informes financeiros e as nosas presentacións anuais.
Por que debería doar á Fundación Wikimedia?
editO traballo da Fundación Wikimedia céntrase en proporcionar un acceso fácil, de balde e libre de anuncios, á información que necesitan as persoas de todo o mundo. Somos unha organización sen fins de lucro que depende da túa axuda financeira para facer este labor. A túa doazón apoia directamente algúns dos proxectos de edición colaborativa máis populares, incluída a Wikipedia, un dos cinco sitios máis populares do mundo e a maior enciclopedia endexamais compilada na historia da humanidade.
Cales son os vosos plans? Ata onde vai isto?
editComo fundador da organización, Jimmy Wales, dixo: "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano". Aí é cara a onde nos diriximos. E coa túa axuda, chegaremos.
Cada mes, máis de 430,000,000 millóns de persoas de todo o mundo empregan a Wikipedia. Está dispoñible en liña, no teu dispositivo móbil, en DVD, nos libros e en moitos outros soportes e lugares. O nosa arela é chegarmos a moita máis xente, e mellorarmos continuamente a calidade da información que proporcionamos. E para facelo:
- estamos a facer máis doada a achega de coñecementos. Nos últimos meses lanzamos unha enorme iniciativa co obxectivo de mellorar a experiencia de usuario, tanto para o engadido de textos como para a subida de contidos multimedia. Hai máis información na páxina web do proxecto.
- estamos a crear recursos de aprendizaxe e adestramento para que se unan a nós máis colaboradores: profesores, estudantes, fotógrafos, cineastas, científicos, bibliotecarios, médicos e moitos outros. Traballamos xunto a unha crecente rede de 37 pólas da Wikimedia, organizadas en capítulos, para chegarmos a eles e animalos a que nos axuden a facer a Wikipedia mellor. Tes máis información na páxina web do proxecto.
- estamos a desenvolver novas tecnoloxías e novos proxectos para ofrecer unha garantía de calidade que non entre en conflito co espírito aberto da Wikimedia. Para os interesados nestas tecnoloxías, entre elas están o seguimento de edicións e a detección de cambios problemáticos.
- estamos a consultar coa nosa comunidade de editores, así como con expertos, voluntarios e pensadores, para desenvolver estratexias innovadores que nos permitan ser coñecidos por máis xente, termos uns recursos de mellor calidade e incrementarmos o número de voluntarios. Podes atopar máis información sobre a nosa estratexia, que xa leva en funcionamento cinco anos, na páxina web do proxecto.
- estamos a construír un gran taboleiro que mida o apoio do traballo que realiza o movemento da Wikimedia. Bótalle unha ollada tanto ao noso informe mensual coma ao noso portal de estatísticas.
Por último, tamén é a nosa misión protexer o traballo feito ata o de agora: para reducir o risco de que un desastre ou fallo técnico poida eliminar anacos do noso traballo, asegurámonos de que se copia regularmente en diferentes lugares. Non somos unha empresa novata que polo tanto corre o risco de desaperecer en cuestión de anos: se estamos aquí é para quedar.
Como facedes para manter aberta a colaboración da Wikipedia sen que perda veracidade?
editCremos que canto maior sexa a participación, mellor será a Wikipedia. Con todo e iso, debemos manter unhas normas estritas que fan a Wikipedia respectada polos científicos, os académicos, os xornalistas e os nosos benfeitores.
Que é a Fundación Wikimedia?
editA Fundación Wikimedia, Inc. é a organización matriz de varios proxectos de contido libre, entre eles a Wikipedia, a enciclopedia en liña. Jimmy Wales fundou a Wikipedia en xaneiro de 2001 e creou a Fundación Wikimedia en xuño de 2003. Desde o principio, existimos por unha razón: compartir o coñecemento de xeito libre e aberto. Non vendemos información nin aceptamos publicidade. A túa doazón fai que o noso traballo sexa posible. Levamos contidos educativos á xente de moitas maneiras a través dos nosos proxectos. En especial, prestamos axuda a aquelas comunidades menos privilexiadas que contan cunha conectividade limitada para poderen acceder a estes contidos.
Temos máis de 400 servidores que fan funcionar os nosos proxectos, así como todos os dominios e marcas asociados. Fomentamos o desenvolvemento de software MediaWiki e outras ferramentas relacionadas, que permiten que máis xente participe e que a comunidade de voluntarios traballe dunha maneira máis eficaz. Isto inclúe ferramentas especificas para garantir unha óptima calidade. Desenvolvemos recursos de aprendizaxe, apoiamos o traballo e esforzámonos en idear xeitos intelixentes de atraer novos colaboradores e converter a Wikimedia nun movemento internacional que vaia ligado co coñecemento libre.
Para todas estas cousas existen algúns capítulos locais que as organizan en diferentes países.
Que proxectos sostedes?
editA Fundación Wikimedia mantén a Wikipedia, unha enciclopedia en liña e unha das cinco páxinas web máis visitadas. Des que se fundou en xaneiro de 2001, e coa incorporación da Fundación Wikimedia en xuño de 2003, o noso crecemento foi asombroso. A Wikipedia en inglés, o noso primeiro proxecto, conta con máis de 6.000.000 artigos nestes intres. Todas as wikipedias nas diferentes linguas, combinadas, conteñen máis de 47.000.000 artigos.
Amais da Wikipedia, a Fundación Wikimedia tamén sostén:
- A Wikimedia Commons, un repositorio de ficheiros que contén máis de 43.000.000 imaxes, vídeos e sons que se poden empregar libremente
- Os Galilibros, un proxecto para crear libros de texto libres
- O Galizionario, un dicionario multilingüe
- As Galifontes, unha biblioteca de documentos
- As Galinovas, unha páxina web de novas cidadás
- A Galiversidade, unha plataforma de aprendizaxe interactiva
- As Galicitas, unha colección de citas
- As Wikispecies, un directorio da vida na Terra
Tamén damos soporte ao desenvolvemento de MediaWiki, o software wiki de código aberto que está detrás de todas as nosas páxinas web públicas. Axudamos na organización de eventos de divulgación e comunitarios para animarmos a xente a que contribúa nos nosos proxectos, e proporcionamos descargas de copias sen conexión e arquivos da base de datos dos contidos da Wikipedia.
Podes atopar moita máis información na páxina sobre os nosos proxectos.
Como se xestiona a Fundación Wikimedia?
editA Fundación Wikimedia conta con 302 traballadores que forman parte do persoal, liderados pola directora executiva, Sue Gardner. O persoal coordina o traballo de centos e centos de voluntarios que achegan contidos aos proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia tamén está sostida por un incontable número de voluntarios que participan a través de consellos, por exemplo:
O consello de administración articula a misión e mais a visión da Fundación Wikimedia, revisa e axuda a desenvolver plans a longo prazo, encárgase da supervisión e apoia a Fundación Wikimedia durante o período de recadación de fondos. Trátase da última autoridade organizativa da Fundación Wikimedia tal e como está definido nos seus regulamentos. Consulta os encontros para ver as actas publicadas e as resolucións para ler as resolucións publicadas. A comunidade de colaboradores dos proxectos da Wikimedia son os encargados de elixir parcialmente os membros do consello. Por último, o consello está guiado por outro consello asesor, liderado por Angela Beesley Starling.
Temos unha oficina en San Francisco, California (EUA) onde traballa a meirande parte dos nosos empregados. Todos os membros do consello e o resto do persoal traballan de xeito remoto.
Esforzámonos por operar coa máxima transparencia, por iso publicamos unhas políticas clave e a información financeira.
De onde obtén os seus fondos a Fundación Wikimedia?
editA principal vía de obtención de fondos da Wikimedia é a través das doazóns de centos de miles de persoas, pero tamén grazas a diversas subvencións e agasallos en forma de servidores e sitios de hospedaxe (le a páxina dos nosos benfeitores).
A Fundación Wikimedia recibe doazóns procedentes de máis de 50 países de todo o mundo. A doazón media é bastante pequena, pero o cómputo global asegura o noso éxito. A xente pode doar durante todo o ano, pero a Fundación Wikimedia só fai unha petición formal unha vez ao ano.
Non consideramos a publicidade como unha fonte de ingresos.
A Fundación Wikimedia é unha organización 501(c)(3) libre de impostos con base nos Estados Unidos de América. As doazóns feitas desde outras nacións tamén poden contar con dedución de impostos. Bótalle unha ollada á páxina sobre desgravación fiscal se queres máis detalles. Preme aquí para obter máis información sobre como realizar unha doazón mediante o PayPal, MoneyBookers ou correo postal. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco a través do enderezo donate wikimedia.org.
Cantos cartos esperades reunir?
editO plan para o 2010-11 propón uns ingresos de 20,4 millóns de dólares estadounidenses, un incremento do 28% con respecto aos 15,9 millóns de dólares planeados para o 2009-10.
Podes atopar máis información sobre as nosas finanzas nos nosos informes financeiros. Aquí está o noso plan para o 2010-11 (PDF) e velaquí as preguntas e respostas relacionadas con el.
Quen máis apoia o voso obxectivo?
editA meirande partes dos nosos fondos proveñen de persoas; xente coma ti. Tamén recibimos doazóns de fundacións comunitarias e privadas, así como contribucións en especie por parte de empresas. Pódense atopar na nosa páxina de benfeitores.
Onde podo atopar máis información sobre as vosas actividades recentes?
editPara o ano fiscal 2008-09, descarga o informa anual 2008-2009: versión en PDF (2.0 MB)
Como podo doar?
editPara doar, visita a nosa páxina de recadacións. Podes doar mediante tarxeta de crédito (VISA, Mastercard, Discover ou American Express), PayPal, Moneybookers, transferencia bancaria ou enviando un cheque á Fundación. As nosas opcións de doazón inclúen a maioría das moedas (aínda que non todas).
Onde envío os cheques?
editEnvía os cheques a:
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204
USA
- Note: donations by check are processed directly at our centralized lockbox location which is in Washington, DC.
Preferimos cheques en dólares estadounidenses, estendidos en contas bancarias estadounidenses. Custaranos moito procesar os cheques con moeda diferente dos dólares estadounidenses ou procedentes de contas bancarias de fóra dos EUA, o cal fará minguar o valor do teu agasallo. Se non posúes unha conta bancaria estadounidense, podes maximizar o valor da túa doazón mediante o PayPal ou a transferencia bancaria.
Onde envío formularios, cartas ou calquera outro material á Fundación Wikimedia?
editEnvía toda a correspondencia ao noso enderezo seguro:
P.O. Box 98204
Washington, DC 20090-8204
USA
- Note: donations by check are processed directly at our centralized lockbox location which is in Washington, DC.
Podo facer doazóns de existencias á Fundación Wikimedia?
editA Fundación Wikimedia acepta doazóns de existencias. Podes realizar unha doazón transferindo a mercadoría directamente, indicando toda a información necesaria.
- Account holder name: Wikimedia Foundation, Inc.
Financial broker: Smith Barney
Investment account number: 546-0356C-14-782
DTCC Clearing account number: #0418
Teñen desgravación fiscal as miñas doazóns?
editVai á lista de países se queres máis información.
Se fago unha doazón, como recibo o comprobante fiscal?
editSe doas mediante o PayPal ou tarxeta de crédito, recibirás un comprobante fiscal por correo electrónico, sempre que o incluíses no formulario de doazón. Aquelas persoas que realicen unha doazón por cheque superior aos 50 dólares estadounidenses recibirán o comprobante fiscal por correo postal, en caso de que desen o enderezo do remitente. Tamén podes solicitar un comprobante fiscal da túa doazón escribíndonos a giving wikimedia.org (lembra incluír a información de contacto, o método que usaches para doar e a cantidade da doazón).
Podo facer unha doazón para que se empregue nun fin específico?
editAs organizacións caritativas establecidas nos Estados Unidos de América, a Fundación Wikimedia incluída, están obrigadas a cumprir as restricións solicitadas polos doantes. Isto significa que se especificas o uso concreto que queres que lle deamos á túa doazón nós ou ben respectaremos a túa petición ou ben devolverémosche a doazón. Pero antes de o faceres, ten en conta que as doazóns sen restricións son moito máis útiles para nós. Cada restrición impón gastos xerais de administración e de planificación, e asemade incrementa a complexidade interna en canto á xestión.
Por que hai unha doazón mínima?
editA doazón máis pequena que podes realizar é de 1 dólar estadounidense. Recibimos pequenas doazóns de xente que non conta con moitos cartos, e estamos realmente agradecidos de termos estes doantes. En verdade, se o agasallo é significativo para ti, éo tamén para nós. Pero non é insólito atoparse con persoas que fan uso dos sistemas de doazóns como o noso para probaren tarxetas de crédito roubadas para comprobar se funcionan. Esta xente adoita dar unha pequena cantidade de diñeiro para probar: cremos que a cantidade mínima de 1 dólar estadounidense disuadiraos de non facelo.
Que podo facer para axudar ao espallamento da palabra?
editDifunde isto do xeito que poidas! Dillo á familia e aos amigos. Cóntalles o que a Wikipedia significa para ti. Pregúntalles se a empregan, e se é así, o que representa para eles. Mesmo podes usar este texto como sinatura ao final dos teus correos electrónicos:
Creamos a mellor colección de coñecemento compartido da historia. Axuda a protexer a Wikipedia. Doa agora: http://wikimediafoundation.org/wiki/Support_Wikipedia/gl
Cal é a vosa política de protección de datos coas doazóns?
editTomamos moi en serio o dereito ao anonimato dos nosos doantes. Bótalle unha ollada á nosa política de protección de datos para obteres máis información. En resumo: non compartimos, nin vendemos nin comerciamos co teu enderezo de correo electrónico.
Como podo poñerme en contacto coa Fundación?
editVai á páxina contacta connosco para obteres máis información.