Meta:Translation requests/Agasalla co coñecemento


Give the gift of knowledge

edit

Template:Fundraising menu-en

This is a closed translation request.

 
Florence Devouard, Presidenta da Wikimedia Foundation

22 de outubro de 2007 - A partires dun humilde esforzo que comezou agora fai seis anos, a Wikipedia medrou cara un recurso global sen igual que está a mudar o xeito no que compartimos o coñecemento. A páxina é visitada por millóns de persoas en todo o mundo, e está actualmente dispoñíbel en 250 linguas.

Como a meirande parte dos proxectos administrados pola Wikimedia Foundation, a fundación sen ánimo de lucro que se atopa detrás da páxina web educativa, Wikipedia dálle aos cidadáns do mundo a capacidade de compartir a suma dos coñecementos humanos, mentres que ao mesmo tempo asegura que as diversas voces están representadas equitativamente. Obviamente, estamos moi orgullosos da influencia positiva que a Wikipedia e os nosos outros proxectos tiveron na comunidade global.

O impacto global de Wikipedia, porén, abriu a porta para a Wikimedia Foundation dun conxunto de responsabilidades e retos que non para de medrar. Baixo a iluminación do noso éxito internacional, a Fundación comezou a enfocar a súa enerxía naquelas partes do mundo que precisan máis da nosa axuda -comunidades infrarrepresentadas con acceso limitado a recursos educativos. Considerando que preto de de dous mil millóns de nenos no mundo non desenvolvido non reciben apenas educación, pensamos nisto como nun traballo moi importante.

Até o momento, dados os nosos limitados recursos, a Wikimedia Foundation fixo grandes progresos neste área. A través de diversas colaboracións, fomos quenes de levar a Wikipedia a remotos recunchos do mundo, e instigar a creacion de Wikipedias en linguas como o Ioruba ou o Suahili. No entanto, o máis importante deste pasado ano foi que plantamos intrínsecamente a semente de futuros esforzos educativos.

A pesares de todos estes obxectivos cumpridos, precisamos facer máis!

A Wikimedia Foundation precisa o teu apoio para continuar facilitando o intercambio de coñecemento en todo o mundo.

Nas vindeiras semanas, levaremos a cabo a nosa campaña de doazóns anual. Agardamos que poidas expresar o teu apoio cunha doazón -non importa canto de grande ou pequena poda ser- e polo tanto permitirnos cumprir a nosa misión de prover a cada cidadán do mundo o libre acceso á suma de todo o coñecemento humano.

Florence Devouard
Presidenta da Wikimedia Foundation