Recadación de fondos 2012/Tradución/Chamamento de Sengai

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Sengai appeal and the translation is 100% complete.
  • Se queres podes ler:
    Un chamamento persoal do
    Dr. Sengai Podhuvan, editor da Wikipedia

Appeal

Do Dr. Sengai Podhuvan, editor da Wikipedia

Nacín nunha granxa pobre da India rural no ano 1936. Hoxe, confío na Wikipedia e edito os seus contidos.

Quero que a Wikipedia estea aquí para todas as xeracións futuras. Esta é a nosa campaña anual para recadar os cartos necesarios para pagar os servidores, uns poucos empregados e outras infraestruturas que fan que a Wikipedia siga na rede de forma gratuíta e sen publicidade. Se podes, considera a opción de doar $5, $20, $50 ou a cantidade que poidas.

Cando chegues á miña idade quererás compartir os teus coñecementos e experiencias co mundo. Ao longo da miña vida fun profesor, conseguín un doutorado, fun o editor dunha publicación do goberno durante 14 anos, tiven cinco fillas e un fillo e aínda me considero un granxeiro cun simple arado.

Escribín a miña tese doutoral sobre os xogos indíxenas do estado indio de Tamil Nadu. Quizais nunca consultes ningún dos meus artigos. Con todo, é gratificante saber que centos de persoas si o fan. E estou orgulloso de que calquera tema do que queiras aprender probablemente se atope na Wikipedia.

Cando merquei o meu primeiro ordenador en 2005, mesmo usar o rato era difícil debido ao tremor que teño nas mans. Pero no ano 2009 descubrín a Wikipedia. Un día creei un artigo sobre os poetas indios antigos. Engadín ao redor de 30 nomes á páxina e logo fun durmir. Á mañá seguinte atopei 473 nomes na páxina. Iso é o que fai que a Wikipedia funcione!

Por favor, considera unirte ao noso esforzo editando ou facendo unha doazón para manter a Wikipedia libre.

Grazas,

Dr. Sengai Podhuvan
Editor da Wikipedia