Destacados na Wikimedia, xullo 2015

This page is a translated version of the page Wikimedia Highlights, July 2015 and the translation is 100% complete.



"Darshan Kandolkar talks about Konkani Wikipedia.webm" by Wikimedia India, freely licensed under CC-BY-SA 4.0.; "File:Leigh Thelmadatter-7697.jpg" by Karen Sayre for the Wikimedia Foundation, released under the CC BY-SA 3.0 license; "London-Eye-2009.JPG" by Kham Tran, feely licensed under CC BY-SA 3.0.; "IFTTT Logo.svg" by IFTTT, public domain; "File:Albert_V_Bryan_Federal_District_Courthouse_-_Alexandria_Va.jpg" by Tim Evanson, freely licensed under CC BY-SA 2.0.; Collage by Andrew Sherman.

Estas son as novas destacadas do blog de Wikimedia en xullo de 2015.

O wikimedista Darshan Kandolkar comparte a súa experiencia contribuíndo á Wikipedia en konkani. Vídeo en konkani.Video by Wikimedia India, freely licensed under CC-BY-SA 4.0.

A Wikipedia en konkani comezou o 18 de xuño despois de estar na incubadora durante aproximadamente nove anos. O proxecto afrontou moitos desafíos pero o traballo duro da comunidade de editores, principalmente do estado indio de Goa, deu froitos ao sacar o proxecto de incubación.

Soño con iniciar un proxecto para os loitadores pola liberdade de Goa que involucre un grupo diverso de persoas, dende estudantes ata xornalistas e columnistas. Tamén desexo crear relacións de colaboración con institucións educativas para que poidamos involucrar os estudantes a longo prazo coa guía da comunidade konkani existente.

 
Leigh Thelmadatter, posando para a campaña de recadación de fondos para a Fundación Wikimedia en 2012. Photo by Karen Sayre for the Wikimedia Foundation, released under the CC BY-SA 3.0 license.

Leigh Thelmadatter é profesora universitaria e voluntaria de Wikipedia. Colaborou escribindo artigos sobre temas que van dende comidas e bebidas mexicanas ata biografías e igrexas. Na actualidade traballa con estudantes para mellorar o contido de Wikipedia sobre México e a súa cultura e viaxa por todo o país en busca de información que pague a pena compartir.

Creo que Wikimedia e outros movementos similares nos ofrecen polo menos a idea de que podemos lograr que máis información estea dispoñible para máis persoas máis doadamente.

 
O logotipo do Desafío de Menús de Wikidata. Logo by Offnfopt, freely licensed under CC0 1.0

En Wikimedia Sverige (Suecia) gústannos a comida, as viaxes e os datos libres. Así que nos preguntamos: Que podemos facer para facilitarlle a vida ao viaxeiro frecuente? Con axuda de Wikidata os membros decidiron organizar un Desafío de Menús para restaurantes de todo o mundo, co fin de expandir os seus menús con información clave. Os participantes usaron Wikidata para proporcionar etiquetas, traducións e imaxes.

Wikidata é unha colección de datos estructurados que pode ser editada tanto por computadoras coma por humanos. O obxectivo principal é, por suposto, Wikipedia, pero as posibilidades son infinitas e iso é o que queriamos demostrar con este proxecto.

 
É posible compartir na rede as imaxes do Ollo de Londres (London Eye) grazas á liberdade de panorama. Photo by Kham Tran, feely licensed under CC BY-SA 3.0.

Recentemente o Parlamento Europeo modificou recomendacións poñendo restricións en todos os estados membros da Unión Europea. A comunidade Wikimedia mobilizouse en resposta.

Actualización (13 de xullo): O 9 de xullo o Parlamento Europeo votou sobre o informe Reda. Os parágrafos relacionados á liberdade de panorama foron eliminados do informe. Isto significa que polo momento nada cambiará: os países que tiñan dereitos de liberdade de panorama nas súas leis locais aínda téñenos, os países que non os tiñan aínda carecen deles.

 
A xustiza, cos ollos vendados e unha balanza na man, fronte ao edificio Albert V. Bryan da corte dos Estados Unidos en Alexandria, Virxinia. Photo by Tim Evanson, freely licensed under CC BY-SA 2.0.

O 10 de marzo a Fundación Wikimedia uniuse a unha demanda contra a NSA polo seu programa de vixilancia ascendente. Hai unha audiencia programada para o próximo mes de setembro sobre a solicitude do goberno dos Estados Unidos de desbotar o caso.

 
If This Then That (IFTTT) introduciu novas ferramentas para lograr que conectarse coa información pública de Wikipedia sexa moito máis sinxelo que antes. Logo by IFTTT, public domain.

A nova canle de Wikipedia en IFTTT fai máis doado ca nunca compartir o coñecemento libre. As receitas inclúen:

  • Imaxe do día: Unha alerta coa imaxe do día de Wikimedia Commons.
  • Artigo do día: Un artigo interesante de Wikipedia, seleccionado diariamente entre os mellores artigos de Wikipedia.
  • Palabra do día: A definición da palabra do día do Wikcionario.
  • Novas edicións nun artigo de Wikipedia: Novas edicións en calquera páxina de Wikipedia (algo parecido á túa lista de vixilancia en Wikipedia).
  • Novas edicións dun usuario específico: Novas colaboracións dun usuario específico de Wikipedia.
  • Novas edicións cunha etiqueta no resumo de edición: Busca etiquetas precedidas do símbolo de numeral (hashtags) no resumo de edición (considera usar unha etiqueta na túa próxima #editatón!).
  • Artigos actualizados nunha categoría: Novas edicións en calquera páxina de Wikipedia nunha categoría.
  • Artigos agregados a unha categoría: Cada vez que se agrega un artigo a unha categoría.

Andrew Sherman,Interino de Comunicacións Dixitais, Fundación Wikimedia