Anuncio da finalización do rexistro de usuario único/Aviso persoal

This page is a translated version of the page Single User Login finalisation announcement/Schema announcement and the translation is 100% complete.

A finalización da conta de acceso unificada está programada para o 15 de abril de 2015. O texto do anuncio xeral está nesta páxina. Basicamente, a finalización cambiará o nome de algúns usuarios para que todas as contas nos proxectos xerais, públicos, de Wikimedia teñan un nome global único. Este proceso executouse en fases e atópase a punto de rematar. Para completalo será necesario renomear 2.851.363 contas que existen localmente nas wikis, non existen globalmente e teñen nomes de usuario xa asignados. As cuentas que xa son globais (pode verificalas en Special:CentralAuth) non serán renomeadas e non se verán afectadas por este proceso. Algunhas métricas básicas actualizaranse segundo avance o proceso.

Todas as contas que necesiten ser renomeadas serán contactadas na páxina de conversa do usuario en cada unha das wikis onde estean rexistradas. Adicionalmente, todas as wikis teñen Special:UsersWhoWillBeRenamed, unha páxina que lista cada un dos usuarios que serán renomeados nesa wiki. Os membros das comunidades locais son benvidos e animados a utilizar esa información para axudar ós usuarios que poidan necesitalo. A aplicación informará do cambio ás contas renomeadas se tentan acceder co seu antigo nome despois da finalización. Os usuarios poden solicitar un cambio de nome global na súa wiki local en calquera momento (antes ou despois deste proceso) usando a páxina: Special:GlobalRenameRequest.

Como se determinan as contas que deben ser renomeadas?

Se o nome dunha conta global e o dunha conta local coinciden, a conta global manterase intacta e a conta local será renomeada, xa sexa a un novo nome seleccionado polo dono ou a unha forma localizada se o usuario non especifica un novo nome (por exemplo nomeantigo~ptwiki). Se hai múltiples contas locais co mesmo nome pero non existe unha conta global, usarase un ficheiro de comandos para avaliar o seguinte esquema e determinar quen obtén o nome global. Todas as condicións mencionadas nesta páxina aplicaranse tamén ás contas bloqueadas.

Teña en conta que se un tipo de acceso non está incluído nesta lista, entón non se usará durante os cálculos que determinarán quen queda co nome global.

  1. Dono da conta global
  2. Verificador de usuarios (Checkuser)
  3. Supresor (Oversight)
  4. Burócrata
  5. Administrador (bibliotecario)

Resolvendo os conflitos restantes

Se hai varias contas locais co mesmo nome, ningunha ten algún dos permisos mencionados arriba ou teñen o mesmo permiso e non hai unha conta global, a conta local coa maior cantidade de edicións conservará o nome. Se as contas teñen a mesma cantidade de edicións escollerase a máis antiga. Se teñen a mesma data de rexistro ou non teñen data de rexistro debido á antigüidade das contas, o proceso de selección escollerá unha conta de forma aleatoria.

Por que este esquema?

  • Os tipos de acceso son a forma máis xusta de determinar o dono d nome de conta único. Ningunha forma de realizar esta determinación é perfectamente xusta, pero as outras varían moito entre wikis. Por exemplo, o valor da cantidade de edicións cambia tremendamente dunha wiki a outra e non temos forma de incorporar ese aspecto no cálculo automático se tivéramos que usalo como factor de decisión e non como un elemento para resolver empates.
  • Estes tipos de acceso e só estes foron escollidos porque representan os permisos fundamentais en todas as nosas wikis.
  • A orde seleccionada representa a dificultade de obter o tipo de acceso respectivo e a necesidade percibida de unha persoa con ese acceso para actuar en múltiples wikis.
  • O problema dos conflitos con nomes de usuario necesita resolverse cunha solución técnica. Sen embargo, non é a única alternativa. Os stewards e os renomeadores globais poden aplicar outros métodos en casos individuais usando as canles da comunidade, procesos e políticas apropiadas e cunha conversa entre as partes afectadas. Este proceso debería ser tan colaborativo como sexa posible.