Recadación de fondos 2012/Tradución/Correo de lanzamento

This page is a translated version of the page Fundraising 2012/Translation/Launch email and the translation is 100% complete.
NOTE TO TRANSLATORS

This letter is a new translation request, but re-uses large parts of the 2012 Jimmy Appeal.

https://meta.wikimedia.org/wiki/Fundraising_2012/Translation/Jimmy_Appeal

If the 2012 Jimmy Letter has been translated into your language, you can probably re-use much of it for this translation. :-)


Launch email (millions)

Boas, firstname:

A túa doazón axudou á Wikipedia en 2012; por favor, fai a túa doazón hoxe para mantela un ano máis.

As pequenas doazóns percorren un longo camiño na Wikipedia. Google ten preto dun millón de servidores. Yahoo está ao redor dos 12.000 empregados. Nós contamos cuns 800 servidores e 150 empregados. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 450 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente.

Se todas as persoas que len este correo electrónico repetisen a súa doazón anterior, a nosa recadación anual estaría feita. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera facer unha doazón de 5, 20, 50 dólares ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia

Launch email (thousands)

Boas, $firstname:

A túa doazón axudou á Wikipedia en 2012; por favor, fai a túa doazón hoxe para mantela un ano máis.

As pequenas doazóns percorren un longo camiño na Wikipedia. Google e Yahoo teñen miles de servidores e empregados. Nós contamos cuns 800 servidores e 150 empregados. Traballamos arreo durante estes anos para mantérmonos fiables e rigorosos. Centrámonos na nosa misión e deixamos o resto aos outros.

A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada e dá servizo a 450 millóns de persoas diferentes cada mes: miles de millóns de visitas.

Os negocios están ben. A publicidade non é mala. Pero iso non ten cabida aquí. Non na Wikipedia.

A Wikipedia é algo especial. É como unha biblioteca ou un parque público. É como un templo para a mente. É o lugar ao que todos podemos ir para pensar, aprender e compartir os nosos coñecementos cos demais.

Cando fundei a Wikipedia, puiden crear unha empresa comercial con cadros publicitarios, pero decidín facer algo diferente.

Se todas as persoas que len este correo electrónico repetisen a súa doazón anterior, a nosa recadación anual estaría feita. Pero non todos poden ou van doar. Iso está ben. Cada ano, a cantidade suficiente de xente decide doar.

Este ano, considera [$1 facer unha doazón de 5, 20, 50 dólares] ou aquela cantidade que ti poidas para protexer e manter a Wikipedia.

Grazas,

Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia