Wikiradio (ferramenta)
Wikiradio é un sistema de audio a tempo real transmitido vía internet. Este servizo ofrece varias estacións, abarcando todos os xéneros musicais e incluso grabacións de artigos de Wikipedia en distintas linguas, os cales están dispoñibles en Wikimedia Commons. Cada son é escollido pola comunidade para ser destacado como algún dos mellores traballos de Wikipedia e Wikimedia Commons.
Que é Wikiradio?
En lugar de escoitar varios ficheiros de audio en Wikimedia Commons, o que require premer no botón play de xeito individual, a ferramenta Wikiradio traballa non só como un sistema de retransmisión de radio, senón como un conxunto de pistas sincronizadas (co horario UTC) de xeito que todo o mundo poida escoitalo á vez, simulando unha radio.
Como podo engadir a miña emisora?
- Crea unha páxina en meta co teu segmento de día coa túa múscia como[[Wikiradio (tool)/playlist/<my_Station>]]
- ex: para unha emisora de música clásica temos Wikiradio (tool)/playlist/classic
- Edita a Template:Wikiradio (tool)/stations e engade a túa emisora como {{RadioUrl|<my_station>|<My_station>}},
- ex, para música clasica temos {{RadioUrl|classic|Classic}}
- Listo, agora podes escoitar a túa música na Páxina de Wikiradio!!
- Nota: Tamén podes arquivar o teu segmento de día e pedir a un administrador que protexa esas páxinas.
Como funciona o sofware Wikiradio?
Wikiradio carga o javascript das páxinas dinamicamente das páxinas meta para facer os segmentos do día. Isto faise para que a comunidade poida escoller a música que será reproducida nesas páxinas. Por favor edita a páxina da canle cando queiras escoitar a túa música.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- wikiradio en GitHub