Template:PrivacyPolicy-Invitation/gl
Este anteproxecto de norma de protección de datos precisa dos seus comentarios. Escoitaremos as alegacións da comunidade ata o 14 de febreiro de 2014. As alegacións poden tratar sobre calquera aspecto deste anteproxecto.
As normas de protección de datos son fundamentais para a protección dos dereitos das persoas usuarias. A nosa norma actual procura ese obxectivo, pero leva sen actualizarse desde 2008. Queremos que a nosa vindeira norma de protección de datos reflicta os valores da comunidade Wikimedia no contexto da internet actual. Tendo isto en conta, velaquí está o noso anteproxecto dunha nova norma de protección de datos para os proxectos da Wikimedia. Este anteproxecto vén guiado por catro principios:
A túa opinión sobre este anteproxecto é importante para nós. Os proxectos da Wikimedia falos ti e falos para ti; a túa voz é o máis importante. Agardamos a túa participación activa, crucial neste debate. Só coa túa colaboración podemos crear un proxecto final que realmente reflicta os valores da comunidade da Wikimedia. Despois do período de exposición e alegacións, pretendemos rematar o proxecto e presentarllo ao Consello de administración da Fundación Wikimedia para a súa consideración. Proporcionamos traducións do anteproxecto da norma de protección de datos en árabe, francés, alemán, xaponés e castelán para animar a revisión e o debate do documento. Con todo, agradecemos que a comunidade axude a mellorar estas traducións, traduza o anteproxecto a máis linguas e traduza tamén os comentarios achegados polas demais persoas usuarias ao longo deste período de alegacións. Ten en conta que pode que se deixasen comentarios na entrada orixinal no blog, no fío de conversa wikimedia-l e, quizais, noutras páxinas de conversa. Na medida do posible, estes comentarios deberían levarse a esta páxina de comentarios, o que facilitará a nosa capacidade de revisar e comentar as diversas posturas e ideas. Grazas! |