Fundraising 2009/thank you/gl
Need help? See the Translation FAQ or Meta:Babylon. All translators should also subscribe to translators-l to be kept up-to-date (and to ask questions). General Fundraising Translation Guidelines: Fundraising 2009/Translations. |
- da/dansk (published)
- de/Deutsch (published)
- en/English (published)
- es/español (published)
- fr/français (published)
- it/italiano (published)
- ja/日本語 (published)
- nb/norsk bokmål (published)
- nl/Nederlands (published)
- sv/svenska (published)
- ar/العربية (published)
- cs/čeština (published)
- el/Ελληνικά (closed)
- fi/suomi (published)
- he/עברית (published)
- hu/magyar (published)
- id/Bahasa Indonesia (published)
- pl/polski (published)
- pt/português (published)
- ru/русский (published)
- zh-hans/中文(简体) (published)
- zh-hant/中文(繁體) (published)
- ang/Ænglisc (published)
- az/azərbaycanca (closed)
- be-tarask/беларуская (тарашкевіца) (closed)
- bg/български (published)
- bn/বাংলা (closed)
- bpy/বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী (closed)
- bs/bosanski (published)
- ca/català (published)
- cy/Cymraeg (closed)
- dsb/dolnoserbski (closed)
- eo/Esperanto (closed)
- et/eesti (closed)
- eu/euskara (closed)
- ga/Gaeilge (closed)
- gl/galego (published)
- gsw/Alemannisch (published)
- hi/हिन्दी (closed)
- hsb/hornjoserbsce (closed)
- hy/հայերեն (closed)
- ia/interlingua (closed)
- ka/ქართული (closed)
- ko/한국어 (published)
- ksh/Ripoarisch (closed)
- la/Latina (closed)
- lb/Lëtzebuergesch (published)
- lmo/lombard (closed)
- mk/македонски (published)
- ml/മലയാളം (closed)
- ms/Bahasa Melayu (published)
- mt/Malti (closed)
- ne/नेपाली (closed)
- nn/norsk nynorsk (closed)
- oc/occitan (closed)
- pam/Kapampangan (closed)
- pms/Piemontèis (closed)
- pt-br/português do Brasil (closed)
- si/සිංහල (closed)
- sl/slovenščina (closed)
- sh/srpskohrvatski / српскохрватски (closed)
- sk/slovenčina (published)
- ro/română (published)
- ta/தமிழ் (closed)
- tk/Türkmençe (closed)
- tr/Türkçe (published)
- uk/українська (closed)
- vi/Tiếng Việt (published)
- yi/ייִדיש (closed)
- yo/Yorùbá (closed)
- yue/粵語 (published)
- zh-classical/文言 (closed)
Notice
edit- Un agradecemento do
fundador da Wikipedia, Jimmy Wales
Quote
edit- "Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano."
- — Jimmy Wales, fundador da Wikipedia
Un agradecemento do fundador da Wikipedia, Jimmy Wales
editVaites! Que podo dicir? Grazas.
Acaba de rematar a campaña de recadación de fondos que máis éxito logrou na nosa historia: 7,5 millóns de dólares estadounidenses en menos de 8 semanas.
Incrible. Pero non estou sorprendido.
En 2001, fixen unha aposta coa xente, e vós nunca me defraudastes.
Todos vós creastes a maior colección de coñecemento humano endexamais reunido: 14 millóns de artigos enciclopédicos en 270 linguas, medrando e mellorando cada día. Apoiástelo, financiástelo e protexéstelo.
Os anuncios non pagan a Wikipedia. Facédelo vós. A Wikipedia é a quinta páxina web máis visitada no mundo (340 millóns de persoas o último mes); e financiamos os nosos servidores e pagamos o noso persoal integramente con doazóns.
As vosas doazóns manteñen a Wikipedia de balde e sen publicidade. As vosas doazóns manteñen a propagación do acceso gratuíto ao coñecemento en todo o mundo.
Grazas por todo o que destes para facer a Wikipedia unha realidade. Os vosos comentarios inspiráronme e síntome privilexiado por ser testemuña da vosa paixón pola Wikipedia.
- “Cando necesito unha resposta na vida, sempre estás aquí para me rescatares!” - Lauren Sierra
- “Para o meu cativo de 6 anos, a Wikipedia é unha marabillosa ventá cara ao coñecemento do mundo.” - Pilgrim Beart
- “A Wikipedia é moi importante para todos. É un logro da humanidade.” - Fernando Borba
- "A Wikipedia intenta cumprir unha simple necesidade: acceso inmediato a información de moi boa calidade sobre calquera tema. Por isto estou satisfeito por apoiala." - Joao Nunes
É unha historia extraordinaria. Non existe nada igual.
E se aínda non fixeches unha contribución para apoiar a Wikipedia, non é tarde. Podes facer un agasallo para soster o intercambio libre e aberto de coñecemento. Só tes que premer aquí.
Anímote tamén a que apoies os nosos amigos:
- Creative Commons fai que o compartir e o construír sobre o traballo doutros sexa máis doado. Fai unha doazón a Creative Commons.
- A Electronic Frontier Foundation defende os dereitos de todos os usuarios da internet. Realiza unha doazón á EFF.
- A Free Software Foundation estimula o desenvolvemento do software libre e apoia os dereitos dos usuarios. Efectúa unha doazón á FSF.
Grazas de novo.
A Wikipedia para sempre,
Jimmy Wales
Fundador da Wikipedia