Open main menu

Translation requests/WMF/Fundraising pages/Doazóns

< Translation requests‎ | WMF‎ | Fundraising pages

(ang) (ar) (ast) (bg) (br) (ca) (cs) (de) (en) (el) (eo) (es) (et) (eu) (fr) (gl) (hu) (ia) (id) (it) (ja) (ko) (nl) (nn) (pl) (pt) (ro) (ru) (sl) (sr) (su) (sv) (th) (tr) (vi) (zh) (ur) (wa) edit


Imaxina un mundo no cal cada persoa tivera acceso gratuito á suma de todo o coñecemento humán. Iso é o que tratamos de facer.
E precisamos da túa axuda.

 

A Fundación Wikimedia é unha organización sen fins de lucro que ten como misión proporcionar coñecemento libre e gratuito a cada persoa en todo o mundo. Este obxetivo é acadado atraverso do mantemento, desenvolvemento e distribución de contido libre, polo que a Wikimedia depende de doazóns feitas polo público para poder manter os seus proxectos baseados en wikis.

Wikimedia provee recursos de computación e redes para crear e distribuir diferentes traballos de referencia como son: Galipedia, Wikcionario, Wikiquote, Wikilibros, Wikinoticias, Wikisource e Commons. O contido destes proxectos achégase ao público sen costo algún.

Cómo vai axudar a túa doazón

Nengún dos nosos sitios na Rede contén publicidade. Ós visitantes non se lles esixe nengún cobro nen tarifa para poder ler, modificar ou empregar o noso contido. Por iso, dependemos completamente de doazóns para patrocinar os nosos proxectos. O medre sen precedentes en tráfego e novo contido, require que actualicemos o equipamento a cada pouco, para poder prever erros do sistema sen perder funcionalidade. Outros gastos inclúen o custo do ancho de banda, os custos de aluguer dun espazo para colocar o equipamento, a merca dos dominios para os proxectos, a axuda nalgunhas tarefas específicas no desenvolvemento dos programas operativos e, de cando en vez, os gastos necesarios para soster ós nosos representantes en viaxes oficiáis.

Véxase no noso presuposto 2005 o uso polo miúdo do diñeiro doado, e as meta:Wikimedia ordes de merca dos equipos e servidores nas que se amosan os detalles de adquisición de equipos baseandonos nos resultados da última campaña de recollida de fondos.

A Fundación Wikimedia tamén require de fondos para continuar no seu papel pioneiro na exploración creativa de contidos colaborativos. Amáis, estamos tratando de obter doazóns para financiar a preparación e distribución de contidos da Wikimedia cara a lugares onde non se teña acceso a Internet. Cada doazón pode supor unha grande diferencia. Se tes algunha cuestión con respeito ás doazóns ou á Fundación Wikimedia, por favor contáctanos.


Xeitos de doar

A Fundación Wikimedia posúe a condición 501(c)(3) de exención de impostos nos Estados Unidos.

As doazóns realizadas dende outros países pódense deducir tamén dos impostos. Véxase deducción de impostos para máis detalles.

.

En liña/Tarxeta de crédito

Doa en liña con PayPal ou MoneyBookers de xeito doado e seguro empregando as plantillas do listado de enlaces de máis abaixo. O noso nome de conta para isto é donation@wikipedia.org. PayPal ten opcións que permiten facer doazóns únicas, mensuáis ou anuáis; eventualmente tamén podes cancelar unha suscripción.


Non compre ter conta PayPal para realizar doazóns puntuáis ó proxecto.

Doa en dólares estadounidenses:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente

Doa en libras esterlinas:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente

Doa en dólares canadienses:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente
Doa en dólares australianos:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente
Doa en Euros Europeos:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente

Doa en Iéns Xaponeses:
Unha vez - Mensualmente - Anualmente

<html>

<a href="http://www.moneybookers.com/app/?rid=312838/" target="_blank"><img style="border-width: 1px; border-color: #8B8583;" src="http://www.moneybookers.com/images/banners/88_en_intl.gif" width="88" height="31" border="0" alt="MoneyBookers" /></a>

</html>

(Dende marzal do 2005, MoneyBookers aceita 27 moedas diferentes: Euro, Libra británica, Lev búlgaro, Dólar dos Estados Unidos, Dólar australiano, Dólar canadiense, Koruna checa, Krone danés, Koruna de Estonia, Dólar de Hong Kong, Forint húngaro, Shekel israelí, Ien xaponés, Lat letón, Ringgit de Malasia, Novo dólar de Taiwán, Dólar de Nova Zelanda, Krone de Noruega, Zloty polaco, Dólar de Singapur, Koruna de Eslovaquia, Tollar de Eslovenia, Rand sudáfricano, won sudcoreano, Krona sueca, Franco suizo e Baht de Tailandia. Na meirande parte dos casos, os honorarios que esixe MoneyBooker son máis modestos que os de Paypal.)

Doazóns por correo postal regular

Podes enviar a túa doazón por correo postal regular á oficiña central da Wikimedia no seguinte enderezo:

Wikimedia Foundation Inc.
200 2nd Ave. South #358
St. Petersburg, FL 33701-4313

Se estás a enviar unha doazón dende fora dos Estados Unidos, por favor ten conta que un xiro postal internacional ou un cheque que poida ser pagado por un banco nos Estados Unidos será moi apreciado, xa que evitará costos ó cobralo. Moitos países teñen nas súas oficiñas de correos ordes de pago para os Estados Unidos, o que garantiría que a totalidade da súa doazón chegue á Wikimedia. Por favor, non envíes nengún tipo de moeda ou billetes a traverso do correo postal regular.

Doazóns por transferencia de diñeiro

A Fundación Wikimedia ten unha conta no Dexia bank en Bélxica, que acepta transferencias de diñeiro.

Titular da conta: Wikimedia Foundation
Detalles bancarios: Dexia bank - Pachecolaan 44 - 1000 Bruxelles - Belgium
IBAN: BE43 0689 9999 9501
BIC (swift code): GKCCBEBB

Aviso importante: Por favor ten conta de que nen esta páxina nen nengún enlace en calqueira proxecto da Wikimedia que apunte a esta páxina poden ser considerados como unha solicitude formal para facer unha doazón.

Merca de Productos Wikipedia

Productos Wikipedia en Café Press: 20% do prezo listado en cada merca vai á Fundación Wikimedia.

Últimas campañas