Wikimedia Foundation elections/Board elections/2009/Vote interface/gl

As eleccións remataron o 10 de agosto de 2009. Non se aceptarán máis votos.
Os resultados anunciáronse o 12 de agosto de 2009.
Eleccións do Consello de Administración de 2009
Organización

Title

edit

Eleccións ao Consello de Administración de 2009

Jump text

edit

Esta votación levarase a cabo en servidores que funcionan co SPI. Prema no botón de embaixo para ir ao servidor de votación.

Introduction

edit

Dámoslle a benvida ás eleccións ao Consello de Administración de 2009. Vanse escoller tres persoas para que representen á comunidade de usuarios dos diversos proxectos da Wikimedia. Eles axudarán a determinar a futura dirección que tomarán os proxectos da Wikimedia, individualmente e como grupo, e representarán os seus intereses e preocupacións no Consello de Administración. Ademais, decidirán maneiras de xerar ingresos e o destino destes cartos obtidos.

Por favor, antes de votar, lea coidadosamente as presentacións dos candidatos e as súas respostas ás preguntas formuladas. Cada un dos candidatos é un usuario respectado, que ten dedicado tempo e esforzo para facer que estes proxectos sexan uns lugares agradables comprometidos coa construción e libre distribución do coñecemento humano.

Por favor, faga unha valoración segundo as súas preferencias enchendo as caixas cun número (1 = candidato favorito, 2 = segundo favorito,...). Poderá dar a mesma preferencia a máis dun candidato e deixar candidatos sen valorar. Suponse que prefire os candidatos valorados aos que non o están e que é indiferente para vostede a orde dos non valorados.

O gañador das eleccións será calculado usando o método Schulze. Para obter máis información, consulte as páxinas oficiais das eleccións.

Se quere máis información, visite: