Open main menu

Wikimedia Foundation elections/Board elections/2009/Committee/gl

As eleccións remataron o 10 de agosto de 2009. Non se aceptarán máis votos.
Os resultados anunciáronse o 12 de agosto de 2009.
Eleccións do Consello de Administración de 2009
Organización

O comité de elección das eleccións ao Consello do ano 2008 xestiona os detalles da organización das eleccións dentro das capacidades delegadas neles polo Consello de Administración, suxeitas á supervisión do Consello, e poden dar recomendacións ao Consello sobre as eleccións.

MembrosEdit

O comité está constituído polos membros nomeados polo Consello de Administración para organizar as eleccións dos Membros do Consello de Administración da Wikimedia do ano 2009. Os membros do comité deben ser editores dun ou de máis proxectos Wikimedia, non poden estar no Consello de Administración, non poden ser candidatos nas eleccións e tampouco poden votar nestas.

O Consello anunciou os membros do comité de elección do ano 2009 o 26 de marzo de 2009, e están na táboa que aparece a continuación:

Nome Linguas Localización (zona horaria)
Jesse Plamondon-Willard (Pathoschild) en, fr Montreal, Canada (UTC-5)
Daniel Bryant en, is-3, ja-2 Adelaide, Australia (UTC+10:30)
Yann Forget fr, en-3, hi-2, gu-1 Haute-Savoie, France (UTC+2)
"Dvortygirl" en, es-1, el-1 California, United States (UTC-7)
Alexandre Emsenhuber fr, en-2, de-2, pt-1 Neuchâtel, Switzerland (UTC+2)
"Mardetanha" fa, az, en-3, tr-2, ar-1 Zanjan, Iran (UTC+3:30)
Andrew Garrett en Sydney, Australia (UTC+10)
Philippe Beaudette en Tulsa, Oklahoma, United States (UTC-5)

TarefasEdit

O comité é responsable de planificar e manter virtualmente calquera aspecto das eleccións ao Consello. Por exemplo, o comité planifica o tipo de votación, o criterio de sufraxio de candidaturas, prepara e organiza todas as páxinas oficiais das eleccións en Meta, verifica que os candidatos e os votantes cumpren os criterios a seguir, realizan a auditoría dos votos para comprobar que non haxa votos duplicados ou outros problemas, etcétera.