A Biblioteca de Wikipedia/1Lib1Ref/Axuda
Outdated translations are marked like this.
Primeiros pasos
- Rexistra a túa conta (Nota: Debes crear unha conta persoal; na maioría das Wikipedia non é posible rexistrarse en nome da túa organización.)
- Vixía que o Editor visual estea activado revisando que a casiña "deshabilitar temporalmente o editor visual.." non estea marcada dentro das preferencias de configuración de Galipedia. (aquí en Galipedia). O editor visual permite usar o trebello "Citoid" que, a través da aplicación API que recupera información ligada á referencia que permite darlle un formato por defecto (Para máis información ver a documentación).
- Escolle unha estratexia na sección "Como participar".
- Cada vez que edites na Wikipedia, lembra incluír o cancelo #1Lib1Ref no edit summary
Ten en conta que as dúas primeiras instrucións refírense á Wikipedia en inglés. Cambie á Wikipedia en galego, pero recorde que o sistema de contas de usuario/a é global.
Engadir referencias
"No Editor visual"
- As instrucións para engadir referencias usando o editor visual están aquí.
- Localiza unha fonte que poida axudar a verificar a información dunha entrada da Wikipedia.
- Prema "Editar", situado na parte superior da entrada.
- Preme á fin da frase á que se quere engadir a cita.
- Preme o botón "Citar" (semella un )
- Xera unha cita automaticamente a través do seu URL, ISBN ou DOI (isto recolle información da páxina fonte) ou usa a segunda pestana e enche os campos que sexan adecuados para a túa fonte.
- Preme Inserir
- Preme "Publicar os cambios", situado na esquina superior dereita da páxina.
- Engade un resumo de edición (indicando os cambios) que inclúa o cancelo #1lib1ref
Usando Editar a fonte
- Localiza unha fonte que poida axudar a verificar a información dunha entrada da Wikipedia.
- Preme "Editar", situado na parte superior da entrada.
- Busca a información que queres verificar coa túa fonte e preme no final da frase.
- Selecciona "Citar" no menu despregable
- Escolle o estilo de cita (véxase a imaxe do menú despregable na imaxe da esquerda)
- Enche os campos que sexan relevantes atendendo á túa fonte.
- Introduce a cita
- Engade un resumo de edición indicando os cambios e que inclúa o cancelo #1lib1ref
- Preme "Publicar os cambios", situado na parte inferior da xcaixa de resumo de edición.
Consellos
- Non existe un estilo de referencia único para as entradas da Wikipedia. Aínda que se recomenda usar os modelos creados polas ferramentas indicadas máis arriba, pódese incluír sempre unha cita escrita en texto plano.
- É considerada fonte fiable en Wikipedia calquera fonte que implique un control editorial (xornais, libros, artigos científicos, repertorios documentais, sitios web oficiais). Canto mellor sexa a reputación da fonte o ou da autoridade de quen escribe sobre o tema, mellor.
- Aínda que Wikipedia promove o uso de fontes en Acceso Aberto,[1], o seu uso non é obrigatorio (despois de todo certas informacións só aparecen en libros impresos ou en fontes que requiren subscrición). Porén, o uso dunha referencia en Acceso Aberto implica que moita máis xente pode ter a oportunidade de localizar e ler o coñecemento que necesitan a través da Wikipedia. Asegúrate de que á hora de citar unha fonte usas unha ligazón permanente sen proxy no canto dunha ligazón propia dentro do dominio da túa institución.
Suxestións
- [mw:Special:MyLanguage/Help:VisualEditor/User_guide Visual Guía de uso do Editor]: Guía sinxela da interface de edición
- Titorial de introdución: un pequeno repaso do básico (en inglés).
- A aventura de Wikipedia: xogo interactivo dunha hora para aprender a editar(en inglés).
- ↑ Máis información sobre o impacto do Acceso Aberto en Wikipedia http://arxiv.org/abs/1506.07608