Norma de protección de datos/Engadido

This page is a translated version of the page Privacy policy/Supplement and the translation is 100% complete.

Norma de protección de datos da Fundación Wikimedia: escolle a información sobre os provedores de servizo

A nosa norma de protección de datos describe qué datos persoais apañamos e usamos para xestionar os webs da Wikimedia. Algunhas veces recorremos a provedores de servizo externos para que nos axuden a que os webs da Wikimedia funcionen e melloren, e pode ser que lles deamos acceso a eses provedores de servizo aos teus datos persoais, se lles cómpre para prestarnos os seus servizos ou para usarmos nós as súas ferramentas e servizos. Algúns dos nosos provedores de servizos pídennos que coloquemos ligazóns ás súas normas de protección de datos. Aquí embaixo podes atopar unha listaxe de provedores de servizos así como ligazóns ás súas normas de protección de datos.

Por favor, leva conta de que esta non é unha listaxe exhaustiva se todos e cada un dos provedores cos que compartimos datos persoais. Pode ser que haxa outros servizos que tamén manexen datos teus, conforme o que se sinala na nosa norma de protección de datos.

  • Empregamos Zendesk para xestionar e responder as preguntas e as solicitudes que recibimos por correo electrónico. A información sobre protección de datos de Zendesk pode atoparse nesta ligazón. Zendesk ten cláusulas que teñen vixencia en países específicos, e podes consultalos nesta sección da súa norma.