Editatón de mulleres escritoras de 2024
Páxina principal | Participantes | Lista de artigos |
Dende 2016, concretamente ao redor do 15 de outubro, varias institucións culturais celebran o Día das Mulleres Escritoras, unha iniciativa que ten como obxectivo reivindicar e destacar o legado cultural das mulleres escritoras.
A través da Editatón de Mulleres Escritoras queremos continuar contribuíndo á redución da fenda de xénero na Wikipedia, dando máis visibilidade ás mulleres escritoras, ao seu traballo e ao seu legado, en diferentes linguas da Península Ibérica. Por iso, propoñemos unha edición en liña e multilingüe para mellorar o contido sobre escritoras en éuscaro, catalán, galego, portugués e castelán. Axúdanos a aumentar a información e a visibilidade deste tema na enciclopedia libre, para que chegue a máis persoas. Participa entre o 14 e o 27 de outubro creando ou mellorando artigos.