Resumo dos termos de uso
Termos de uso
Este é un resumo dos termos de uso. Para ler os termos ao completo, prema aquí.
Renuncia: Este resumo non é parte dos termos de uso e non se pode considerar un documento legal. Simplemente é unha referencia para entender os termos ao completo. Pense nisto como unha interface sinxela da lingua legal dos nosos termos de uso.
Parte da nosa misión é:
- Animar e atraer xente de todo o mundo para recompilar e desenvolver contidos educativos e publicalos baixo unha licenza libre ou no dominio público.
- Diseminar estes contidos de xeito efectivo e global, sen custos.
Vostede é libre de:
- Ler e imprimir os nosos artigos e outros recursos de xeito gratuíto.
- Compartir e reutilizar os nosos artigos e outros recursos baixo licenzas libres e abertas.
- Contribuír e editar os nosos proxectos.
Baixo as seguintes condicións:
- Responsabilidade — Vostede é responsable das súas edicións (dado que nós soamente aloxamos os seus contidos).
- Civismo — Vostede apoiará un ambiente cívico e non amolará os outros usuarios.
- Comportamento legal — Vostede non pode infrinxir os dereitos de autor nin outras leis.
- Sen danos — Vostede non pode danar a nosa infraestrutura tecnolóxica.
- Termos de uso e políticas — Vostede acepta os seguintes termos de uso e as políticas comunitarias que se apliquen cando visite os nosos sitios ou participe nas nosas comunidades.
Entendendo que:
- Libera as súas contribucións baixo unha licenza libre — Por regra xeral, debe publicar as súas edicións e contribucións nos nosos proxectos baixo licenzas libres e abertas (agás que estean no dominio público).
- Sen consello profesional — Os contidos dos artigos e dos outros proxectos teñen un propósito informativo e non constitúen o consello dun profesional.