Estrategia 2015/Consulta da comunidade

This page is a translated version of the page Strategy/Wikimedia Foundation/2015/Community consultation and the translation is 95% complete.
Outdated translations are marked like this.

A Fundación Wikimedia (FWM) é unha organización caritativa sen fins de lucro que apoia e xestiona grandes proxectos de aprendizaxe baseado nas wikis como Wikipedia. Traballamos con miles de colaboradores, voluntarios e lectores dedicados, e esforzámonos constantemente para facer medrar os nosos proxectos e ampliar o seu alcance global de maneira que poidamos compartir contido libre, multilingüe e educativo co mundo.

Informe de consulta de Estratexia

A súa visión importa. Estamos traballando nunha estratexia para FWM, e precisamos informacións preliminares sobre o futuro. Estamos recollendo información de persoas como vostede. A experiencia e perspectiva que vostede achegue axudaranos a ampliar o noso pensamento e a xerar un resultado que sexa verdadeiramente representativo dos nosos obxectivos compartidos. Leremos as súas contribucións para axudar a formular a nosa estratexia, a cal estaremos compartindo coa comunidade para obter comentarios.

Se desexa máis información, por favor revise “Contexto” ou tamén esta entrada de blog.

Como pode participar?

Por favor lea o escenario a continuación e responda ás preguntas sobre a páxina de conversa

O escenario

O contorno de Internet está cambiando. Nos próximos tres anos, esperamos ver un forte impacto de ó menos dúas tendencias globais principais:

  • O mundo estase a volver móbil. As tendencias mostran que os dispositivos móbiles estanse a converter no principal (e a miúdo o único!) método de acceso a Internet para a maioría das persoas no mundo. Os nosos sitios precisan estar plenamente preparados para isto.
  • Os próximos mil millóns de usuarios de Internet estanse conectando (incluíndo un número importante de Asia, América Latina e África). Estes usuarios posiblemente teñan pouco ou ningún coñecemento preconcibido acerca de calquera proxecto de Wikimedia e posiblemente teñan novas motivacións para participar cando os adquiran.

As preguntas

  1. Que tendencias principais identificaría ademais da do móbil e dos próximos mil millóns de usuarios?
  2. Baseándose nas tendencias futuras que vostede considera importantes, como se verían os proxectos Wikimedia prósperos e exitosos?

Díganos o que pensa

Axude a formar o futuro da Fundación Wikimedia ó premer no seguinte botón. Os seus comentarios son apreciados mentres comezamos este proceso.

Por favor lembre que todas as respostas son postas publicamente e que ó entregárnolas, está a liberalas no dominio público, polo que podemos utilizar ou dalas a coñecer para propósitos de investigación ou outros fins. Por favor non proporcione datos privados aquí.