Norma de protección de datos/Definicións

This page is a translated version of the page Privacy policy/Definitions and the translation is 100% complete.
Quere axudar coas traducións? Traduza as mensaxes que faltan.
Cando dicimos... ...queremos dicir:
"a Fundación Wikimedia" / "a Fundación" / "a Wikimedia" / "nós" / "nosoutros" / "os nosos" / "as nosas" A Fundación Wikimedia, Inc., a organización sen fin de lucro que xestiona os proxectos da Wikimedia.
"proxectos da Wikimedia" / "webs da Wikimedia" / "os nosos servizos" Os webs e os servizos da Wikimedia (sexa cal for a lingua en que estean), incluíndo os proxectos principais, como a Wikipedia e a Wikimedia Commons, así como as aplicacións móbiles, as interfaces de programación (API), os correos electrónicos e os avisos; agás, porén, os webs e os servizos que aparecen listados na sección "O que non cobre esta norma de protección de datos".
"ti" / "o teu" / "a túa" / "eu" Ti, independentemente de que sexas unha persoa física, un colectivo ou unha persoa xurídica, e independentemente de se estás a usar os proxectos da Wikimedia ou os nosos servizos para ti ou en nome doutra persoa.
"esta norma" / "esta norma de protección de datos" Este documento, titulado "Norma de protección de datos da Fundación Wikimedia".
"contribucións" / "achegas" O contido que engades ou as modificacións que fas en calquera dos proxectos da Wikimedia.
"información persoal" / "datos persoais" Información que nos facilitas ou información que recollemos de ti que podería empregarse para identificarte persoalmente. Falando ao dereito, aínda que non sempre apañamos todos e cada un dos seguintes tipos de información, consideramos que os seguintes tipos son "datos persoais" se non se fixeron públicos doutro xeito e se se poden empregar para identificarte:
(a) o teu nome real, o enderezo postal, o número de teléfono, o enderezo electrónico, o contrasinal, o número de identidade dado polo estado, o enderezo IP, datos do axente de usuario (navegador, xestor de correo, etc), o número da conta do banco;
(b) cando estean asociados a algún dos elementos do apartado (a), calquera dato confidencial, como a data de nacemento, o sexo, a orientación sexual, a procedencia racial ou étnica, o estado civil ou familiar, o estado de saúde e as discapacidades, a afiliación política e a relixión.
"terceiros" / "externos" Persoas, entidades, webs, servizos, produtos e aplicacións que a Fundación Wikimedia nin controla, nin xestiona nin opera. Isto comprende outros usuarios da Wikimedia e entidades e grupos independentes que axudan a promover o movemento Wikimedia, coma os capítulos da Wikimedia, as organizacións temáticas e os grupos de persoas usuarias, así como os voluntarios, os empregados, os xefes, os técnicos, os bolseiros e as empresas contratadas desas entidades e grupos.