Names of Wikimedia languages/message-gl
This file is made available under the Creative Commons CC0 1.0 Universal Public Domain Dedication. |
(Podes traducir as instrucións así como os títulos das columnas á túa lingua. Crea [[:Names of Wikimedia languages/message-{{{language_code}}}]] e substitúe o modelo existente.)
Esta é unha lista das linguas de Wikimedia para traducir ao [[w:en:{{{language_article}}}|{{{language_name}}}]].
- A primeira columna son as ligazóns das distintas linguas cara á Wikipedia en galego. Estará en vermello co texto "Page not found" se non hai o artigo correspondente da lingua na Wikipedia. (Estaría ben crear o artigo... :) ). Se o hai, estará en verde.
- A segunda columna é o nome da lingua en inglés. Esta pode ser substituída pola túa lingua secundaria local ou serlle engadidadas máis columnas. (Por exemplo, se es un aimará nativo, esta columna podería estar en español.) Sempre vai estar en verde.
- A terceira columna é a ligazón cara á wiki. Non se toca, agás que se atope algún erro, e sempre vai estar en verde.
- A cuarta columna é o nome da lingua en galego. Vaise empregar esta columna para as traducións. Importante: Escribe o nome da lingua talmente como aparecería nun dicionario (ou no medio dunha frase, en minúsculas, sen marcas). Isto é, escribe inglés, non lingua inglesa, nin "idioma inglés". Estará en vermello se non hai tradución, en amarelo se o texto é produto do sistema e en verde se foi manualmente escrito ou comprobado.
- A quinta columna indica as categorías gramaticais (en inglés) para a forma en galego. Isto é, se o nome da lingua é unha frase nominal, ou nome común, debes escribir nesta columna "n". Se é un nome de xénero femenino, debes escribir "n, f". Vermello por defecto; será verde cando engadas categorías gramaticais.
- A sexta columna empregarase para a xeración automática de entradas nos Wiktionarys. Por exemplo: "голуб, n, m, [[pigeon]] en [[w:gl:lingua serbia|serbio]]". Se non queres a ligazón cara á páxina da Wikipedia, simplemente escribe o texto; se tes unha páxina do Wiktionary sobre a lingua e queres ligala, escribe a ligazón cara á páxina. Vermello por defecto; será verde cando engadas información.
- A sétima columna é para comentarios, particularmente os relacionados coa entrada. Emprega a conversa da páxina xeral para outro tipo de comentarios.
A información estará baixo licenza CC0, para ser incorporada ao Wikidata ao final do proceso.