Fundraising 2011/Karthik Letter/gl

Translation instructions
  • For pages marked "Missing" or "In progress", click the page title and start translating. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • For pages marked "Needs updating", compare the page to the source page and update the translation accordingly. When you are done, click "edit status" and change the status to proofreading.
  • It is important to have someone else proofread the translated page! If you have proofread a page and it is ready for publication, click "edit status" and change that page's status to ready.
  • If you are changing something that has already been published, change its status back to ready for it to be published again.

If you have any questions or feedback regarding the translation process, please post them here. Translation FAQ

O día que o ataque terrorista rachou o corazón da miña cidade, a Wikipedia cambiou a miña vida.

Os atentados con bombas ocorridos no ano 2011 en Mumbai apareceron nos titulares de todos os xornais, pero no momento da crise non había información fidedigna do que acontecera.

Sabía que non era o único que andaba á procura de respostas. De modo que saín á rúa e tirei fotos, carguei un mapa que elaborara e asegureime de que o artigo da Wikipedia sobre o incidente axudase á xente a entender o caos.

Desde aquela fixen miles de edicións nos artigos da Wikipedia. A miña experiencia ese día na Wikipedia fixo que aparecese a miña paixón polo fotoxornalismo. E seguín ese camiño desde entón.

Estou moi agradecido á Wikipedia, e cando descubrín como se mantén doei 250 rupias para que seguise así. Farás ti unha doazón para manter este valioso recurso dispoñible para todo o mundo?

A Wikipedia permítenos compartir co mundo. Con 470 millóns de visitas cada mes, revolucionou o xeito de consumirmos e difundirmos a información; ás veces mesmo no instante en que ocorre.

E todo isto faise de balde: sen publicidade e con menos de 1000 servidores e menos de 100 empregados.

É incrible. Simplemente olla para o Google ou o Facebook. Teñen centos de miles de servidores e decenas de miles de empregados.

Non é sorprendente que a Wikipedia sexa a quinta páxina web máis popular e visitada. E tampouco é estraño que cada ano necesite o apoio de xente coma min e coma ti.

Darás 5 dólares, 20 euros, 1000 iens ou aquela cantidade que a Wikipedia valla para ti?

Grazas,

Karthik Nadar
Editor da Wikipedia