Edit counting/gl
O reconto de edicións (edit counting en inglés) é un fenómeno que, cada certo tempo, lle acontece a un bo número de wikimedistas e que está relacionado cos complexos de inferioridade. Algúns usuarios senten que o seu (ou doutros) número de edicións é ben demasiado reducido, ben demasiado grande, ben inconsistente, ou ben demasiado [insire o teu adxectivo favorito aquí].
Xeralmente, o número de edicións é un factor que pode ser desbotado como baremo para medir as contribucións de alguén. É a calidade, e non a cantidade, o que en verdade importa. Moitos editores usan scripts e fan edicións menores, entrementres que outros, cunhas poucas edicións, logran redactar artigos ben completos. Naturalmente, isto non ten forzosamente que ser así. O que en definitiva debemos ter moi presente é que o número de edicións dun determinado usuario non é de seu a maneira idónea de medir o valor da súa contribución para o proxecto.
Os usuarios non deben coller medo ou desilusionarse! Todos e todas nós somos membros dunha xigantesca comunidade wiki que persegue obxectivos nobres. Trátase do resultado dunha economía do don ou de agasallo, e non dunha xerarquía política.
- O teu eventual reconto de edicións non representa nin o teu cociente intelectual, nin a túa valía como ser humano, nin a puntuación acadada nun videoxogo. O teu valor como wikipedista non vén dado polo número de edicións; non che van servir nin para curar un cancro nin para che garantir un oco na nave espacial secreta que partirá rumbo a Marte cando os Krulls retornen ao noso planeta para destruílo en 2013... Non deixes que esta cuestión che quite o sono. Non é máis ca un numeriño nunha base de datos (Slashdot).
Cómpre sinalar que os wikimedistas con moitas edicións tampouco teñen que se sentir ofendidos ou desmotivados. A cantidade, a súa vez, tampouco implica como tal unha falta de calidade.
Véxase tamén
editOutros artigos
edit- Namespace shift
- Sysops Global, un contraexemplo