EMLex Wiktionary HackFest 2019

EMLex Wiktionary Hackfest 2019 terá lugar o xoves 14 de novembro de 2019 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Consistirá nunha Wikimaratón sobre lexicografía, a segunda edición despois da EMLex Wiktionary HackFest 2018. O evento está organizado polo mestrado EMLex (European Master in Lexicography), en colaboración coa Universidade de Vigo. O lema da xornada será Edita 'pa diante, unha relectura do lema edita con afouteza da Wikipedia.

Cando e onde edit

EMLex
Wiktionary
HackFest
xoves
14
novembro
2019
9.30-18.30 h
 
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

O wikimaratón terá lugar o xoves 14 de novembro de 2019, de 9.30 a 18.30 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

Características edit

Os HackFest (variante de Hackathon) son eventos que facilitan o traballo colaborativo e voluntario centrado nun aspecto concreto. Son habituais nos proxectos Wikimedia (onde tamén son coñecidos como Wikimaratóns). Neste caso, a idea é editar nas diferentes versións do Wiktionary. O propósito é familiarizar o alumnado do mestrado EMLex dos campus de Santiago de Compostela e Braga co traballo lexicográfico colaborativo nun contexto práctico. Búscase tamén promover o encontro entre o equipo do mestrado dos dous campus e en xeral co estudantado e profesorado das outras universidades do consorcio, co trasfondo dunha actividade práctica de aprendizaxe.

Amais, o obxectivo é promover EMLex en España e Portugal, así como poñer en contacto o persoal do mestrado coas persoas editoras do Wiktionary da península Ibérica, particularmente da súa versión en lingua galega (Galizionario), coa idea de impulsar o intercambio de habilidades e coñecementos lexicográficos.

O evento está coordinado por Carlos Valcárcel, da Universidade de Vigo, xunto con María José Domínguez Vázquez (EMLex USC), María Teresa Sanmarco Bande (EMLex USC), Idalete Maria Silva Dias (EMLex UMinho) e Adrián Estévez (administrador da Wikipedia). O evento terá lugar en Pontevedra, a medio camiño entre Santiago de Compostela e Braga, dado que a Universidade de Vigo xa viña colaborando con EMLex noutros campos.

A participación é gratuíta.

Programación edit

9.30: Recepción das persoas asistentes rexistradas e entrega de documentación.
10.00: Inauguración. Jorge Soto Carballo (vicerreitor do Campus de Pontevedra), Uxío Pérez Rodríguez (vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación) e María José Domínguez Vázquez (coordinadora EMLex na USC)
10.15: "Wiktionary". Eneko López de Subijana (Wiktionary).
10.45: "Wikidata + Wiktionary". Léa Lacroix (Wikimedia Deutschland).
11:15: "Wikisource + Wiktionary". Nicolas Vigneron (Wikimedia France).
11.45: Organización dos grupos de traballo.
12.00: Obradoiro de edición.
19.30: Clausura: posta en común Carlos Valcárcel Ribeiro (EMLex / Universidade de Vigo).

Véxase tamén edit

Ligazóns externas edit