Admin activity review/2013/Notice to communities/gl

Comment Note: This notice will be sent to wikis listed on Admin activity review/2013/Data#Wikis with inactive rights holders which are not marked as exempt there.

IMPORTANTE: Revisión da actividade dos administradores

edit

Boas. Recentemente adoptouse unha nova política en relación á retirada de "dereitos avanzados" (administradores, burócratas etc.) por consenso comunitario global (a vosa comunidade recibiu un aviso sobre o debate). Segundo esta política, os stewards están revisando a actividade dos administradores nos wikis máis pequenos. Ata onde sabemos, o voso wiki non ten un proceso formal para retirar os "dereitos avanzados" das contas inactivas. Isto significa que os stewards se encargarán neste wiki desta tarefa segundo o novo proceso de revisión da actividade dos administradores.

Determinamos que os seguintes usuarios cumpren os criterios de inactividade (ningunha edición e ningunha acción rexistrada durante máis de 2 anos):

  1. usuario 1 (administrador)
  2. usuario 2 (burócrata, administrador)
  3. ...

Axiña, estes usuarios recibirán unha notificación pedíndolles que inicien un debate comunitario sobre se queren manter algún ou todos os seus dereitos. Se o usuario non responde, entón os stewards hanlles retirar os seus dereitos.

Con todo, se vós, como comunidade, queredes crear o voso propio proceso de revisión de actividade que substitúa o global, queredes tomar outra decisión sobre os posuidores inactivos destes dereitos ou xa tedes unha política e nós non nos decatamos, entón facédello saber aos stewards en Meta-Wiki para que non procedan á revisión de dereitos no voso wiki. Grazas, (sinatura)