Translations:Privacy policy/169/gl

En caso de que se produzan modificacións substanciais, presentarémoslles as modificacións propostas aos nosos usuarios en, como mínimo, tres (3) linguas (elixidas por nós) para abrir un período de exposición e alegacións que durará cando menos trinta (30) días naturais. Antes de abrir un prazo de alegacións, avisaremos das modificacións e da conveniencia de debatelas a través dos webs da Wikimedia e mediante un aviso en [$wikimediaannounce WikimediaAnnounce-L] ou nunha lista de correo similar.